Charla sobre educación tributaria
5º-6º Primaria
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu este luns 18 de marzo a unha charla sobre educación cívico-tributaria, impartida por Susana Casal, delegada territorial de ATRIGA en Lugo. O Programa de Educación Cívico-Tributaria ten por obxecto fomentar a conciencia fiscal entre a cidadanía máis nova e transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal
Nesta charla tamén se lles amosou un vídeo ao alumnado onde se lles explicaba cunha linguaxe axeitada a súa idade que son os impostos e para que serven, é dicir, o valor educativo e cívico que vai parello aos valores que se ensinan en calquera centro educativo e que é de vital importancia que coñezan os nosos nenos e nenas.
Proba clasificatoria de bádminton
Ed. Física
O pasado venres 15 de marzo tivo lugar a terceira proba clasificatoria para o Campionato Provincial de Bádminton e, como xa é habitual, contou cunha nutrida representación do noso alumnado da ESO, que fixo un grande papel neste evento, que ademais tivo un carácter de proba final e na premiación dos mellores tivo unha gran presencia dos nosos nenos e nenas, conquerindo un total de cinco pódiums.
Así na categoría infantil masculino, gran dominio dos nosos representantes, xa que a final a disputaron Yerai Fontela e Lucas Roca, que tivo moita emoción e se resolveu a favor do primeiro cunha escasa diferencia dun punto. Martín Díaz ocupaba a terceira posición da mesma categoría.
Pola súa parte, na proba cadete, Marcos Varela disputaba a final e alzábase co subcampionato da zona sur, mentres que Samuel Villar gañaba a final de consolación a Xan Ceide e, polo tanto, acadaba o tercer chanzo do pódium.
Unha vez feito o reconto de todas as zonas da provincia, comunicarásenos o número de deportistas clasificados para o Campionato Provincial, coa esperanza de que sexan os máximos posibles.
Visita á sede de SOGAMA en Cerceda
Ed. Primaria
No día de hoxe o alumnado de 4°, 5° e 6° de primaria visitaron a sede de SOGAMA en Cerceda, sociedade encargada da xestión e tratamento da meirande parte de residuos xerados no territorio galego. Alí, ademais de recibir unha charla explicativa sobre os diferentes colectores e uso dos mesmos, adentráronse no funcionamento da propia empresa a través dun vídeo inmersivo en 3D, co cal visualizáronse as distintas fases de reciclaxe. Tamén afianzaron o aprendido separando lixo en videoxogos e percorremos as súas instalacións en bus en compaña da nosa guía. Desta forma concienciámonos sobre a importancia das boas prácticas en reducción, separación e depósito de residuos en prol do coidado do medioambiente.
Asistencia á obra de teatro "Hugo"
Ed. Primaria
O alumnado de 3º e 4º de educación primaria asistiu ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo a representación da obra de teatro Hugo, que se enmarca dentro da programación de Abanca ofertada aos centros educativos.
Gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022, “Hugo” conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA.
Esta é, polo tanto, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno autista na infancia, chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes.
Completouse a visita cunha sesión lúdica no parque da Milagrosa, aproveitando o bo tempo que fixo neste día.
Charla sobre especies invasoras
Mestres Gandeiros
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu o pasado mércores 13 de marzo a unha charla sobre especies invasoras a través da asociación Galicia Ambiental, na procura dunha maior concienciación do perigo que supón para a flora autóctona a proliferación das especies invasoras
Trátase do perigro de uso destas especies invasoras en determinados eventos, coñecendo ben a súa facilidade expansiva e como freala. A cada alumno e alumna entregóuselle un exemplar de Os Bolechas con esa temática.
A TVG fai unha reportaxe no noso centro
Ed. Infantil
O programa Hora Galega da Televisión de Galicia estivo presente no noso centro educativo con motivo de gravar unha pequena reportaxe para ser emitida o día 13 de marzo na canle autonómica.
O contido referido a dita reportaxe está referido co incremento de natalidade no noso pobo, unha singularidade no mundo rural con respecto a outros concellos de similar situación ao noso e a súa repercusión no eido educativo e, polo tanto, a súa influenza no noso centro educativo.
A reportaxe gravouse integramente na aula de 4º de educación infantil, e ademais da presenza tanto dos alumnos de dito nivel educativo, como da súa mestra Inés Otero, tamén tomaron parte no mesmo a coordinadora de educación infantil, Patricia Prieto e o director, Felipe Barata.
Entroido 2024: Mestres Gandeiros
EDLG
O pasado 9 de febreiro, o noso centro celebrou o tradicional Festival do Entroido, no que tomaron parte todo o alumnado do centro. Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o festival tivo que celebrarse no Pavillón deportivo, se ben ao final de dito festival mellorou o suficiente para levar a cabo a queima do Meco, que este ano era un carro, obra, como vén sendo habitual, do alumnado de Plástica de 4º de ESO, conducidos polo seu profesor Modesto Fernández.
Nesta edición a temática a tratar estaba relacionada co proxecto interdisciplinar que estamos levando a cabo no centro e que leva por nome Mestres Gandeiros, un proxecto que se atopa dentro do Plan Proxecta. Aquí vos deixamos o vídeo de todas as actuacións do festival.
Obra de teatro en francés
Dep. Francés
Os alumnos de 1º e 2º ESO de francés, do CPI Dr. López Suárez de Friol tiveron hoxe a oportunidade de desfrutar, no auditorio Gustavo Freire de Lugo, da obra de teatro: “ O enfermo imaxinario” (Le malade imaginaire) , última comedia escrita polo dramaturgo francés Jean-Baptiste Poquelin, máis conocido como Molière.
Carreira Popular de Toques
Dep. Ed. Física
O pasado domingo 10 de marzo disputouse a Carreira Popular de Toques, a localidade veciña que organiza a tradicional proba de San Cidre e na cal os nenos e nenas do equipo de atletismo do noso colexio lograba un total de 8 podiums, nunha fría e invernal matinal onde os deportistas desafiaron as inclemencias metereolóxicas
Así, o primeiro en debutar era Arai Gallardo, que lograba a segunda posición na categoría sub 8, mentres que o seu compañeiro de equipo, Brais López, era terceiro sa proba sub 10, ocupando Alex Amil e Jorge Marqués a cuarta e sexta posición respectivamente.
Pola súa parte, Eric Gallardo lograba a vitoria na proba sub 12 por diante de Leo VIlladonga, que ocupaba a segunda posición. Tamén houbo dobre representación das nenas na carreira feminina, xa que Sabela Sánchez conquería a segunda posición e Sabela Menán, a terceira, mentres que Ada Ceide era cuarta na mesma proba.
Na categoría sub 14, Susana López conseguía subir o máis alto do pódium e levábase a vitoria e Hugo Ferro facía o propio na categoría sub 16, proba na que Roi Andón conseguía a cuarta posición nesta proba.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »