Carreira gandeira. Santa Comba

Dep. Ed. Física  Mestres Gandeirosiros

O pasado domingo 24 demarzo unha boa representación de nenos e nenas do noso equipo de atletismo estivo nunha das citas máis importantes do presente curso escolar, xa que ata Santa Comba (A Coruña) nos desprazamos para tomar parte nunha das probas máis singulares de todas cantas se disputan na nosa comunidade e que encaixa perfectamente no proxecto Mestres Gandeiros, que este ano estamos levando a cabo no noso centro educativo. Por tanto, esta proba constituía unha fusión dos dous Plans Proxecta que estamos levando a cabo, xa que ademáis do mencionado “Mestres Gandeiros”, tamén se engloba no Promoción da Vida Activa e Deportiva, co cal se dá unha perspectiva máis interdisciplinar a ambas actividades docentes.

Unha das características da proba era que os participantes pasaban polo medio dunha explotación gandeira e así eran máis conscientes do entorno rural que nos caracteriza. No tocante ós resultados, conseguíronse dous pódiums, xa que Arai Gallardo e Alba Menán conseguían a terceira posición nas súas respectivas categorías prebenxamín e cadete respectivamente. Lucas Lage entraba na cuarta posición da súa categoría alevín e Sabela Menán e Ada Ceide conseguían a quinta e a sexta posición na mesma categoría na parcela feminina.