Fogares e comedeiros para paxaros

Equipo de Biblioteca  Mestres Gandeiros

Coa chegada da primavera as aves están máis presentes nas nosas paisaxes. Moitas especies fan os seus niños nas árbores para darlle a benvida as súas crías e podemos desfrutar do seu canto. Con ánimo de afondar no mundo da ornitoloxía, ciencia que estuda as aves, consultamos o libro Guía definitiva das aves da Galiza, de Salvador Lueiro, pintamos aves atendendo as cores da súa plumaxe e decoramos casiñas e comedeiros para os paxaros que veñen visitar o noso patio. Así poderemos observalos en directo!