Así se fai o mel

 
...

 
1º Ciclo Primaria

Os nenos/as do primeiro ciclo tivemos a visita dun apicultor e as súas abellas.

Usamos tódolos nosos sentidos. Oímos as abellas, observámolas , as súas larvas, a abella raíña, as obreiras;  tocamos tódolos aparellos do apicultor; ulimos o mel, a cera da abella para facer as velas e, por último, degustamos o mel

Campionato Provincial de Atletismo. Lugo

 2 ouros, 7 pratas e 8 bronces para os nosos atletas

Felipe Barata

O pasado día 25 de Maio disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campionato Provincial de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil. Tomaron parte no mesmo 22 atletas do club, obtendo 17 podiums: 2 ouros, 7 pratas e 8 bronces. Ademais deste gran resultado, hai que salientar o gran comportamento de todos os participantes nas distintas disciplinas, mellorando as súas marcas e adquirindo hábitos de comportamento e respecto polo práctica atlética.

Mariñeiros por un día

...


Terceiro Ciclo de Primaria

O venres, día 16 de maio, os alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso cole e os do cole de Portomarín viaxamos a Celeiro (Viveiro) para participar no proxecto “Mariñeiros por un día”.

Nesta xornada ensináronnos a participar e coñecer de primeira man a profesión do home de mar e ó mesmo tempo saber valorala.

Xantar en familia

Nais e pais comparten comedor escolar

Onte, mércores 21, foi unha comida moi especial. Non polo menú, que o equipo de cociña e comedor, así como o cariñoso coidado das colaboradoras fan que sempre sexa especial, senón porque pais e nais compartiron xantar cos seus fillos e fillas de infantil e primaria, nunha xornada de portas abertas ó comedor escolar.

Para algúns dos pais e nais foi un momento emotivo lembrar que era case onte cando eles estaban a comer nas mesmas mesas que agora ocupaban os seus fillos. E para todos foi un motivo de grande alegría, sobre todo para nenos e nenas, os que, entre bocado e bocado, alzaban a vista buscando papá ou mamá para, cun enorme sorriso, saudar coa man.

As familias mostráronse moi satisfeitas por esta experiencia que lles permitiu coñecer máis de cerca aspectos importantes do centro educativo dos seus fillos e fillas.

Carreira Popular de Friol

...

22 podiums para os e as atletas do club de Friol

Felipe Barata

O pasado domingo 18 de Maio se disputou a II Edición da Carreira Popular de Friol, na cal houbo unha nutrida participación de atletas do club, como era de esperar nun evento que tratar de fomentar o deporte e o atletismo no ámbito do pobo de Friol. Boa actuación dos nosos atletas na casa, cun total de 22 podiums.

Campionato Galego Cadete. Vilagarcía de Arousa

Felipe Barata

Boa actuación dos atletas do club

O pasado sábado 17 de Maio disputouse en Vilagarcía de Arousa o Campionato Galego Cadete, no cal tomaban parte 4 atletas do club.

Probas de atletismo, domingo 11 de maio

Felipe Barata

2ª PROBA CLASIFICATORIA INFANTIL ATLETISMO EN PISTA. LUGO

Vitoria para Ángel Martínez, nos 3.000 metros lisos, a para Miguel Ángel Sánchez, en lanzamento de disco.

 

CONTROL DE PISTA CADETE

Vence Gael Jáuregui nos 1.000 metros lisos

 

CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA

Aldara Ceide, Samuel Castedo e Andrea Fariñas impóñense nas súas respectivas categorías

Correlingua 2014

Teresa Estévez

Galego, o paso adiante

Un ano máis o Correlingua encheo as rúas de Galiza, desta vez co lema Galego, o paso adiante, en clara referencia ao poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, para incidir que nós, que Galiza, dá un paso adiante, avanza, cando a nosa lingua está viva, cando é a lingua en que nos expresamos en cada momento e en todo lugar.

Un ano máis ofrecéronnos distantas actividades para ser realizadas ao longo do ano. E finalmente o pasado mércores, o propio día do Correlingua, foi un día para a festa e a plenitude en todas as ordes da vida, incluídas o teatro ou a música, sempre presentes nas festas coas que poñemos o punto final á actividade.

Descendendo o Ulla

Estela Villarábide

O 25 de Abril, os rapaces e rapazas do 3º e 4º curso da ESO, colleron un autobús ás 10 da mañá rumbo ó río Ulla, para pasar unha emocionante mañá descendendo o río, e buscando as pistas que prepararon para os rapaces de orientación.

A pesar da tardanza das barras de pan e que a chegada ó noso destino foi un pouco tardía, a experiencia foi inesquecible. O frío e a choiva non impediron o goce das preciosas vistas e da emoción de descender os rápidos, tendo en conta que tralas choivas que padeceu Galicia, o caudal do río estaba nun dos seus máximos históricos.

Tras cambiarnos e comer bocadillos para recuperar as forzas, regresamos a Friol, cun silencio sepulcral no autobús, xa que o esgotamento da actividade conduciunos ás portas dos soños.

Foi unha experiencia apaixonante, tanto para os rapaces de orientación como para os que descenderon o Ulla, xa que nos sentimos todos como peixes na auga.

Cross Ambiental Concello de Ordes

Felipe Barata

Catro podiums, con vitoria para Noelia Sánchez

O pasado 1 de maio disputouse no Concello de Ordes unha proba denominada Cross Ambiental, na cal estiveron presentes unha ducia de atletas do club, conseguindo un total de catro podiums. 

A máis destacada foi a atleta Noelia Sánchez, que se impoñía na categoría de 8 a 10 anos, logrando a súa primeira vitoria nunha proba. Nesta mesma categoría, a súa compañeira de equipo conseguía a cuarta posición. 

Xa na categoría de 14 a 16 anos, Estela Villarábide lograba un meritorio segundo posto, despois dunha carreira onde os integrantes da mesma fixeron o triplo do percorrido marcado pola organización. Na proba masculina, Cristian Montecelo tamén entraba en segunda posición, sendo o seu compañeiro, Adrián Lage, terceiro. Nesta mesma proba, Rubén Ceide remataba cuarto. 

Outra atleta que estivo moi cerca do podium foi Aldara Ceide, que, na categoría de 5 a 7 anos, lograba a cuarta posición.

Distribuir contido