Charla sobre medio ambiente

Ed. Primaria

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu a unha charla do Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA), corpo específico da Guardia Civil, sobre a importancia do cuidado do medio ambiente, e sobre todo, da importancia que ten na prevención dos incendios forestais, un dos principais problemas e desafíos que ten a sociedade e no que os centros educativos teñen un papel trascendental no desenrolo desa concienciación social de bo cuidado do medio ambiente.

Charla sobre hixiene bucodental

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria asistiu a unha charla de hixiene bucodental impartida polas enfermeiras María José Molejón e Antía Hermida. A disertación versou sobre a importancia das pautas alimentarias para unha correcta e boa hixiene e saúde, tanto dental como integral do corpo humano.

Así mesmo, tamén lles falaron da importancia do exercicio físico, así como doutros elementos e pautas clave no desenrolo do seu organismo, tales como o non usar pantallas e dispositivos móbiles mentres se está comendo.

Día Mundial da Arte

Ed. Infantil e Primaria

Como cada ano o alumnado de Infantil e Primaria conmemorou o Día Mundial da Arte, homenaxeando a polifacética artista xaponesa Yayoi Kusuma. No vídeo podedes gozar coas súas obras.

Teratro Ed. Infantil

Ed. Infantil  Mestres Gandeiros

A contacontos Raquel Queizás, habitual intérprete de contos e teatro no noso centro educativo, estivo presente no noso centro escolar para realizar a función “Raposadas” para o alumnado de educación infantil, que puido desfrutar desta representación.

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte, mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira.

Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase á aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.
Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar. Para despedirse dela todos póñense a danzar.

Charla sobre Cultura Inglesa

Dep. Inglés

O alumnado da ESO asistiu a dúas charlas de cultura inglesa, divididas en sesións para primeiro e segundo da ESO e terceiro e cuarto da ESO , respectivamente, sobre aspectos culturais e sociais da cultura inglesa no contexto educativo. As charlas estiveron adaptadas ó nivel lingüístico do noso alumnado e foi de gran aproveitamento para a súa formación e coñecemento, tanto da linguaxe como dos aspectos típicos da sociedade británica e estadounidense, así como doutros países de fala inglesa.

Friulio 2024

Equipo Biblioteca  Mestres Gandeiros

Un ano máis o noso concello celebra o Friulio, a súa festa de recreación histórica castrexo-romana. Por iso, dende os obradoiros da biblio o alumnado de primaria afondou sobre as vestimentas e arquitecturas típicas destas dúas culturas elaborando un mural sobre ambas tendo de referencia o noso Río Narla.  E como non, tamén fixemos referencia ao gando típico da época (porco celta, cabras, cabalos...) en relación ao noso Plan Proxecta: Mestres Gandeiros. Aquí vos deixamos un vídeo ilustrativo do gran traballo dos nos@s nen@s!

LectoGandeiros

Equipo Biblioteca  Mestres Gandeiros

Este ano a nosa biblioteca conta co recuncho “LectoGandeiros”, onde os nen@s poden acceder a libros relacionados co mundo do rural e as actividades agropecuarias. Aquí vos deixamos algúns grolos de lectura destas obras!

Distribuir contido