I Cross Concello de Friol e Campionato Provincial de Cross

...

Felipe Barata

Dous podiums para o CPI. Dr. López Suárez

O pasado venres 6 de Decembro disputouse o I Cross Concello de Friol e tamén o Campionato Provincial de Cross para as categorías xuvenil e absoluto. No primeiro tomaron parte a práctica totalidade de atletas do Colexio, é dicir, cerca de 40 nenos e nenas que están inscritos no Programa Xogade, mentres que no Campionato Provincial participaron dous alumnos.

Corre con nós

Felipe Barata

CORRE CON NÓS. AS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO

O domingo 24 de Novembro celebrouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a primeira proba do Circuíto lucense do Corre con Nós, ó cal acudiron nenos e nenas do Colexio de Friol. Cristian Santos entrou en segundo lugar na categoría B.

Magosto 2013

Teresa Estévez

O día 15 de novembro celebramos no noso Centro o Magosto 2013. Unha xornada festiva que quere lembrar as festas tradicionais do noso pobo. Nós complementámolo con actividades do gusto do noso alumnado: o deporte e a música.

II Cross do Magosto

...

 

Felipe Barata

O pasado 15 de novembro celebrouse no Colexio de Friol o II Cross do Magosto, que contou coa participación do alumnado de Infantil e de Primaria. Este evento deportivo enmárcase dentro dos actos que se celebran o día do Magosto no Colexio.Todos os nenos e nenas levaron unha medalla conmemorativa pola participación no mesmo, e tamén houbo un trofeo para os tres primeiros clasificados.

Carreira de San Martiño. Ourense

Felipe Barata

O domingo 17 de Novembro disputouse en Ourense a tradicional proba do San Martiño, sen dúbida a máis numerosa e espectacular de todas cantas se celebran en Galicia. A ela acudiron 7 nenos e nenas do Colexio de Friol que tiveron un moi bo comportamento no que era a primeira ocasión en que se enfrontaban a una proba destas características.

Excursión ó Diario El Progreso e a Leite Río

Ana Belén Lago

O día 13 de novembro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Diario El Progreso na nave do Ceao. Alí explicáronlles todo o proceso para a realización do diario, desde a recollida das noticias, o seu paso pola redacción, confección, impresión e saída. Os alumnos estiveron moi atentos e fixeron moitas preguntas. Ó remate da visita déronlles un agasallo.

Carreira Popular de Xermade

Felipe Barata

O pasado 10 de Novembro celebrouse unha nova edición da Carreira Popular de Xermade, a cal acudiron uns corenta nenos e nenas do Colexio de Friol, obtendo moi bos resultados, xa que se conseguiron bastantes podiums.

Carreira Popular de Taboada

Felipe Barata

Máis de 20 atletas do Colexio de Friol tomaron parte na II Edición da Carreira Popular de Taboada, no que era o debut nesta temporada para o equipo de Friol. Bos resultados os que obtiveron os deportistas locais, cun total de cinco podiums nesta primeira cita atlética.

Semana de Samaín

...

Entre o 21 e o 30 de outubro a Biblioteca do Centro, ambientada cunha decoración temática, foi escenario da semana dedicada a Samaín, na que, como non podía ser doutro xeito, o medo foi protagonista.

Contacontos de medo, como "Corre, corre, cabaciña" e "Fiz o coleccionista de medos" aterraron, na voz e escenificación de Ana López e Melanie Coedo, a todo o alumnado de Primaria e Infantil. Igualmente, os máis pequenos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria tremeron coa proxección de "Lobo feroz", mentres que para o alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo foi proxectada a terrorífica "Bruxa Regañadentes".

A Semana de Samaín completouse na Biblioteca cun concurso de calacús, nos que se puido comprobar a infinita imaxinación creadora dos alumnos e alumnas de tódolos cursos do Centro. Na seguinte presentación mostramos os calacús gañadores.

 

 Finalmente, Ana fixo un conxuro para liberar os nenos e nenas de Infantil dos medos xerados durante a Semana de Samaín.

Podes ver outro vídeo no Blog da Biblioteca.

Drogas e alcohol

O pasado martes, 15 de outubro, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, a Garda Civil de Lugo impartiu unha charla sobre drogas e alcohol na Biblioteca do Centro. A conferencia foi dirixida a todo o alumnado de Secundaria e a 6º de Primaria.

Distribuir contido