Datos xerais
Datos do centro
Tipo de centro: | Colexio Público Integrado |
Denominación: | CPI Dr. López Suárez |
Código: | 27004635 |
Localidade: | Friol |
Provincia: | Lugo |
Enderezo: |
Praza de España s/n 27220 Friol LUGO (ESPAÑA) |
Teléfono: | 982 828 180 |
Fax: | 982 828 188 |
Correo electrónico: | cpi.drlopez.friol@edu.xunta.es |
Páxina Web: | http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidrlopezfriol/ |
Horarios xerais do Centro
Horario alumnado
Infantil/Primaria | Secundaria |
9:45 - 10:45 | 9:45 - 10:35 |
10:45 - 11:45 | 10:35 - 11:25 |
11:45 - 12:15 (LECER) | 11:25 - 12:15 |
12:15 - 13:00 | 12:15 - 12:35 (LECER) |
13:00 - 14:40 (XANTAR) | 12:35 - 13:25 |
14:40 - 15:30 | 13:25 - 14:15 |
15:30 - 16:20 | 14:15 - 14:40 (XANTAR) |
14:40 - 15:30 | |
15:30 - 16:20 |
Nos meses de Xuño e Setembro o horario será de 9:45 a 14:45, para o alumnado que non emprega o comedor. Para o alumnado que utiliza o comedor o horario será de 9:45 a 15:30 (saída do Centro).
Horario de administración:
Mañás, de 9:30 a 14:30.
Breve reseña histórica
O actual centro comenzou sendo unha ESCOLA GRADUADA formada por 4 unidades que estaban situadas no módulo 1, que está a esquerda da porta de entrada ó edificio (Entrada pola Praza de España). O módulo 1 e a vivenda dos mestres foron construídos no ano 1968.
No ano 1973 construíuse a módulo 2, con capacidade para 8 unidades, pasando o centro a denominarse AGRUPACIÓN ESCOLAR MIXTA, con capacidade para 12 unidades.
No ano 1977 construíuse o módulo 3, destinado a 4 aulas e ó Comedor Escolar. Neste ano o centro pasou a denominarse CEIP Dr. López Suárez, e estaba integrado por 16 unidades de EXB e dúas unidades de preescolar, que pasarían a ser 3 no ano 1985.
Dende o curso 1998/99 o centro imparte a ESO e, dende entón, denomínase Centro Público Integrado (CPI) Dr. López Suárez. Para poder impartir a ESO realizaouse unha nova ampliación do centro coa construcción do módulo 4.