Datos do centro

Tipo de centro: Colexio Público Integrado
Denominación: CPI Dr. López Suárez
Código: 27004635
Localidade: Friol
Provincia: Lugo
Enderezo:

Praza de España s/n

27220 Friol

LUGO (ESPAÑA)

Teléfono: 982 828 180
Fax: 982 828 188
Correo electrónico: cpi.drlopez.friol@edu.xunta.es
Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidrlopezfriol/

 


 

Horarios xerais do Centro

Horario alumnado

Infantil/Primaria Secundaria
9:45 - 10:45 9:45 - 10:35
10:45 - 11:45 10:35 - 11:25
11:45 - 12:15 (LECER) 11:25 - 12:15
12:15 - 13:00 12:15 - 12:35 (LECER)
13:00 - 14:40 (XANTAR) 12:35 - 13:25
14:40 - 15:30 13:25 - 14:15
15:30 - 16:20 14:15 - 14:40 (XANTAR)
  14:40 - 15:30
  15:30 - 16:20

Nos meses de Xuño e Setembro o horario será de 9:45 a 14:45, para o alumnado que non emprega o comedor. Para o alumnado que utiliza o comedor o horario será de 9:45 a 15:30 (saída do Centro).

 

Horario de administración:

Mañás, de 9:30 a 14:30.

 


 

 Breve reseña histórica

O actual centro comenzou sendo unha ESCOLA GRADUADA formada por 4 unidades que estaban situadas no módulo 1, que está a esquerda da porta de entrada ó edificio (Entrada pola Praza de España). O módulo 1 e a vivenda dos mestres foron construídos no ano 1968.

No ano 1973 construíuse a módulo 2, con capacidade para 8 unidades, pasando o centro a denominarse AGRUPACIÓN ESCOLAR MIXTA, con capacidade para 12 unidades.

No ano 1977 construíuse o módulo 3, destinado a 4 aulas e ó Comedor Escolar. Neste ano o centro pasou a denominarse CEIP Dr. López Suárez, e estaba integrado por 16 unidades de EXB e dúas unidades de preescolar, que pasarían a ser 3 no ano 1985.

Dende o curso 1998/99 o centro imparte a ESO e, dende entón, denomínase Centro Público Integrado (CPI) Dr. López Suárez. Para poder impartir a ESO realizaouse unha nova ampliación do centro coa construcción do módulo 4.