Sprintiño en familia

O vindeiro 10 de decembro celebraremos a I Edición do Sprintiño en Familia, un evento para desfrutar e inclucar os hábitos de vida saudable de toda a comunidade escolar, e conde a poboación escolar poida compartir un espazo de actividade física en compañía dos seus familiares e tamén da veciñanza de Friol.

Actividades 25N

EDNL-Ed.Infantil

Co gallo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado e profesorado de Secundaria secundamos un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero. O alumnado de 1º a 4º de ESO participaron coa lectura do poema Varrido íntimo (con bágoas negras), de Mª Xosé Lamas, da canción La puerta violeta, de Mª de los Ángeles Rozalén, e do poema Disto non se fala, de Verónica Martínez e Emma Pedreira.

Pola súa parte, o alumando de educación infantil realizou un mural conmemorativo deste día internacional contra a violencia de xénero titulado Déixanos voar, constituido por unhas volvoretas de cores elaboradas polo propio alumnado en base á lectura de distantas obras que traballaron nas aulas, entre elas Cuando las niñas vuelan alto.

Fotos Samaín dos grupos de Ed. Infantil

Engadimos as fotos da semana de Samaín que corresponden ós grupos de Ed. Infantil ás xa publicadas.

Obradoiros de eduación emocional

Dep. Orientación

Durante os meses de outubro e novembro de 2022, desenvolvéronse diferentes obradoiros no CPI Doctor López Suarez organizados polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

Nos grupos de primaria primouse traballar sobre a educación emocional, autoestima e as habilidades sociais como base para fomentar espazos de autocoñecemento e de respecto cara as ideas e opinións das outras persoas así como habilidades básicas de comunicación para lograr relacións satisfactorias no seu día a día.

Así pois, en Primaria realizáronse obradoiros cunha duración de 3 sesións cada un con temáticas diferentes en función das idades. En 2º e 3º de Primaria apostouse pola educación emocional, en 4º de Primaria a autoestima e en 5ºe 6º de Primaria habilidades sociais.

En Secundaria, dende 1º a 4ºde ESO, abordáronse as habilidades socias e resolución de conflitos adaptadas a cada nivel educativo, tamén con 3 sesións con cada un dos grupos. Os obradoiros enfocáronse en adestrar habilidades que faciliten as relación sociais e melloren a convivencia: resolución pacífica de conflitos, escoita activa, empatía, asertividade, etc, así como a capacidade de expresar e defender opinións cunha actitude tolerante cara ás outras persoas e os seus puntos de vista.

O obxectivo destas actividades é promover e adestrar habilidades sociais como factores de protección ante o consumo de drogas, consumo abusivo de pantallas, ..., e que se convirtan en ferramentas para as relacións no día a día tanto na casa como coas compañeiras e compañeiros.

María Barreiro Domínguez
Coordinadora do Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de
Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

Escola de Pais e Nais

Escola de Pais e Nais

O pasado mércores 23 de novembro demos comezo cun dos proxectos máis ilusionantes e novidosos que temos dentro da nosa comunidade educativa, a Escola de Pais e Nais, que dirixe a profesora Sara Álvarez. Esta primeira sesión estivo destinada ás familias de educación infantil, así como as de 1º ata 5º de educación primaria.

Estas charlas ou relatorios tratan temáticas que interesan a toda a poboación escolar e que poden servir de apoio ás familias para a formación integral do alumnado do noso centro educativo. A primeira destas charlas estivo protagonizada polo psicólogo Iván Pico e tiña como títulos Rapazada nativo dixital. Novos problemas, novas solución para as familias.

Presentación Libro Cruceiros

O martes día 22 de novembro tivo lugar a presentación do libro Cruceiros, cruces, viacruces e esmoleiros do Concello de Friol, de Fernando Arribas, no cal o alumnado deste colexio tivo un importante protagonismo, xa que tanto a que fora profesora deste centro, Pilar Racamonde, como parte do alumnado de dita docente, colaboraron activamente na recopilación e redacción deste interesante proxecto bibliográfico, que contou coa edición patrocinada do Concello de Friol.

Así, alumnos como Marcos Seijas, Mateo Sánchez e Paulo Maneiro, e antigos alumnos deste centro, foron partícipes deste imporante proxecto que pon en valor a importante riqueza etnográfica que ten este municipio e que é tamén unha continuación do traballo realizado anteriormente polos antigos profesores deste colexio, Jose María Carricoba e Blanca Castro, a través da súa páxina web Friol, algo máis ca pan e queixo. É, polo tanto, unha magnífica obra de catalogación de cruceiros, cruces, viacruces e petos de ánimas do Concello de Friol, na que a súa importancia permanecerá no tempo.

Xogos Populares

EDNL

O pasado venres 18 de novembro tivemos no noso colexio unha formidable xornada de iniciación e coñecemento dos Xogos Populares e Tradicionais da nosa terra. Dita xornada estivo protagonizada pola asociación XOTRAMU de Muimenta en colaboración co EDNL do noso centro educativo e estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, ademais do alumnado de toda a ESO, que coñeceron de primeira man os xogos que fomentaban a interacción e socialización dos nosos avós.

X Cross do Magosto (2022)

EDNL

O pasado venres 11 de novembro tivo lugar a X Edición do Cross do Magosto, que volveu recuperar o seu formato habitual despois de dous anos da pandemia. De novo foron os máis pequerrechos os primeiros en arrincar con este evento, que se desenvolveu nun formato lúdico e onde se intenta adherir os máis cativos aos hábitos de vida saúdable. O alumnado de educación infantil tiveron as súas probas nas pistas verdes que están a carón do comedor e foi un formato totalmente participativo, onde cada neno e cada nena sacou o mellor de si mesmo. A continuación tiveron lugar as probas de educación primaria e secundaria, onde os nenos e nenas tamén desfrutaron dunha agradable tarde de deporte e actividade física. Aínda que o prioritario nestas edades de formación sexa o apartado participativo, tamén houbo lugar para a premiación dos primeiros clasificados. Así, o que vai a continuación é a clasificación dos tres primeiros clasificados en cada categoría. 

Clasificacións.

3º Primaria - Magosto 2022

Antolín Martínez

O alumnado de 3º de Ed. Primaria realizou este fermoso vídeo sobre o Magosto e queremos que todos e todas poidades compartilo con nós.

Carreira 5K Leyma. A Coruña

Felipe Barata

O pasado sábado 12 de novembro tivo lugar na cidade de A Coruña a Carreira de Leyma, no entorno do Paseo de Riazor da cidade herculina e onde os nosos representantes tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 9 pódiums.

Así, na categoría benxamín, Ada Ceide resultaba gañadora da proba despois dunha gran carreira, mentres que a súa compañeira de equipo, Sabela Menán, entraba na quinta posición. Polo que respecta á categoría infantil feminino, Alba Menán gañaba a proba, mentres que entre os nenos se lograba un meritorio triplete no pódium, ocupando Mateo Villar a primeira posición, Hugo Ferro a segunda e Borja Arias, a terceira. Completaba a actuación de Friol, Martín Díaz, que lograba a cuarta posición.

Xa na categoría cadete, Aldara Ceide tamén se impoñía na súa categoría, mentres que Ramón Loureiro ocupaba a terceira posición do pódium. Por último, María Carballido lograba a terceira posición absoluta e o profesor Nemesio Gutiérrez gañaba a súa categoría de veterano.

Distribuir contido