Obra de teatro en francés

Dep. Francés

Os alumnos de 1º e 2º ESO  de francés, do CPI Dr. López Suárez de Friol tiveron hoxe a oportunidade de desfrutar, no auditorio Gustavo Freire de Lugo, da obra de teatro:  “ O enfermo imaxinario” (Le malade imaginaire) , última comedia escrita polo dramaturgo francés Jean-Baptiste Poquelin, máis conocido como Molière.

Carreira Popular de Toques

Dep. Ed. Física

O pasado domingo 10 de marzo disputouse a Carreira Popular de Toques, a localidade veciña que organiza a tradicional proba de San Cidre e na cal os nenos e nenas do equipo de atletismo do noso colexio lograba un total de 8 podiums, nunha fría e invernal matinal onde os deportistas desafiaron as inclemencias metereolóxicas

Así, o primeiro en debutar era Arai Gallardo, que lograba a segunda posición na categoría sub 8, mentres que o seu compañeiro de equipo, Brais López, era terceiro sa proba sub 10, ocupando Alex Amil e Jorge Marqués a cuarta e sexta posición respectivamente.

Pola súa parte, Eric Gallardo lograba a vitoria na proba sub 12 por diante de Leo VIlladonga, que ocupaba a segunda posición. Tamén houbo dobre representación das nenas na carreira feminina, xa que Sabela Sánchez conquería a segunda posición e Sabela Menán, a terceira, mentres que Ada Ceide era cuarta na mesma proba.

Na categoría sub 14, Susana López conseguía subir o máis alto do pódium e levábase a vitoria e Hugo Ferro facía o propio na categoría sub 16, proba na que Roi Andón conseguía a cuarta posición nesta proba.

Semana da prensa: Noticias agropecuarias

Biblioteca  Mestres Gandeiros

No cole celebramos a semana da prensa, así que os xornais estiveron moi presentes na nosa biblioteca. O alumnado que o desexou manipulou e pescudou sobre novas relacionadas coas actividades agropecuarias e a vida no rural, clasificándoas segundo o tipo de noticia: cultural, social, tecnolóxica-científica... Estamos máis informados que nunca!

8M. Charla e visita á Torres de San Paio de Narla

EDLG

Un dos símbolos máis importantes da cultura friolense, como é a Torre de San Paio de Narla, foi obxecto dunha charla da historiadora local Cristina Barreiro, que lles amosou ao alumnado de 3º de 4º da ESO como deben valorar o noso patrimonio e, como decía o título do relatorio, vibrar con el. Este evento tamén se encadra dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller, que se levou a cabo no noso centro educativo.

Esta charla complementouse cunha visita á Torre por parte do mesmo alumnado, onde Cristina Barreiro lles explicou a historia dun monumento que é un referente na cultura galega. No seguinte trimestre continuaremos con este mesmo tipo de formacións con outros edificios de importancia cultural do noso pobo.

8 M. Obradoiro de artesanía

Mestres Gandeiros

Outro dos actos relacionados coa celebración do Día Internacional da Muller no noso centro foi a realización dun obradoiro de artesanía para o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria a cargo de Macu Díaz, artesá emprendedora de Cotá.

Os nenos e nenas experimentaron co barro distintas formas, realizando galletas, flores, volcáns, tazas, xarróns, etc, e tamén puideron desfrutar da súa textura e moldeabilidade. Foi unha sesión moi do agrado do alumnado. 

Mesa redonda "Mulleres Gandeiras"

Mestres Gandeiros

Un dos puntos fortes da celebración do 8 M foi a mesa redonda que protagonizaron as mulleres gandeiras de Friol, que explicaron ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria o seu día a día nas súas explotacións e tamén na súa condición de nais, empresarias e coidadoras.

As nais participantes foron Gemma Modia, nai de Leo e Borja Arias; María Jose Pena, nai de Noa Mouriz; Inés Jul, nai de Erea, Uxía e Iria Pacín e, por último, Sandra Varela, nai de Antón Corral. Todas elas falaron do orgullo e paixón que sinten por adicarse a unha profesión que se enmarca dentro da identidade de vida do pobo e que supón un dos sectores productivos e financieiros máis importantes da nosa comunidade.

Día Internacional da Tortilla

Antolín Martínez

Mañá día 9 é un data xenial para degustar unha delicia da gastronomía española. Dade unha ollada ao video para ver de que se trata e animádavos a cociñar.

Sesición de Breakdance

 Dep. Ed. Física 

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu a unha sesión de iniciación ao breakdance a cargo do grupo lucense Gravity, especialistas en bailes contemporáneos.

Tanto os nenos como as nenas destes cursos tiveron unha sesión técnica dos pasos e movementos fundamentais para elaborar as distintas coreografías e coñecer máis de primeira man todas estas particularidades.

Probas de habilidades motrices

Dep. Ed. Física

O noso centro participa, a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago, no proxecto estatal Alfa-Mov, que se basea na avaliación das competencias e habilidades motrices do alumnado cara a unha boa adquisición de estilos de vida saudables .

No día de hoxe realizaron estas probas os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º de educación primaria, cunha serie de probas que consistía en carreiras, equilibrio, lanzamentos, recepcións, escalada, entre outras. Estas probas completáronse cunhas enquisas ás familias sobre os hábitos de vida saudable.

Distribuir contido