Taller de escritura narrativa a cargo de Francisco Narla

Dep. Lingua Castelá

O escritor Francisco Narla rematou no día de hoxe o seu taller de escritura e narrativa escrita que realizou no noso centro co alumnado de 4º da ESO, que puideron desfrutar dun total de 8 sesións cun dos autores máis prestixiosos do panorama nacional. O noso alumnado puido participar nas liñas básicas de construción dun texto narrativo e nas variables que interveñen na estrutura do mesmo.

Este é o segundo ano conscutivo que Francisco Narla realiza dito obradoiro no noso centro. Qurémoslle agradecer o seu desinteresado labor realizado co noso alumnado dese curso da ESO.

Obra de teatro en inglés

5º e 6º de Primaria

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu á obra de teatro en inglés Help! (Trouble In The Jungle) que se representou no auditorio Gustavo Freire de Lugo, e que entra dentro do programa de actividades de Abanca, na cal o noso centro participa con varias actividades. Esta obra ten unha importante connotación medioambiental na súa argumentación, un elemento formativo de gran relevancia no tratamento didáctico que se está a desenvolver dende o noso centro educativo.

Zaida, a protagonista, vive na selva tropical, pero unha mañá a selva pídelle axuda. Un grupo de leñadores chegan para cortar a árbore máis alta da fraga, que ofrece alimento, refuxio e sombra a todas as persoas que a habitan. Ela soa terá que detelos coa inestimable axuda do público.

Día mundial dos humidais

Antolín Martínez

El Día Mundial de los Humedales es una efeméride para reflexionar sobre cómo nos relacionamos con el entorno. Los humedales purifican y son reservas de agua además del hogar de muchos seres vivos. Debemos por tanto actuar y aplicar el lema de este año !Restaurar la naturaleza!

Obradoiro sobre a prevención do alcohol e tabaco

Dep. Orientación

O pasado 1 de febrero, o alumnado de 2º da ESO asistiu a un obradoiro sobre a prevención do alcohol e do tabaco, aspecto este transversal que se traballa na educación secundaria e que é un elemento formativo prioritario nas etapas da adolescencia e da preadolescencia. A charla foi impartida por María Barreiro, do Servizo de drogodependencias de varios concellos limítrofes. Este centro quere seguir incidindo na mellor capacidade formativa dos nenos e nenas a través dun amplo programa que redunde no benestar social e emocional do propio alumnado. Ó longo deste mes, o alumnado deste curso terá dúas sesións máis sobre esta misma temática

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol.

Agradecemos a súa continua e desinteresada colaboración co noso colexio e que terá continuidade con outros obradoiros a celebrar neste trimestre co alumnado de educación primaria e secundaria.

Día da Paz

 

 

Ed. Infantil e Primaria

Con motivo do día internacional da paz, o noso centro non quixo deixar de celebrar unha data tan importante e con tanto valor educativo como é dita conmemoración. O alumnado de educación infantil e primaria traballou co profesorado destas dúas etapas educativas no valor e simbolismo que representa e que transmite un mundo e unhas relación personais e sociais presididos pola concordia e pola amizade.

Todo este traballo de aula se dispuxo nunha foto conxunta que se realizou na pista de secundaria coa formación da palabra PAZ por parte de todo o alumnado de educación infantil  e primaria, así como a composición dun fermoso mural representado por barcos de papel que se van despregando ao longo das paredes do edificio e que simbolizan o camiño deses barcos na procura da paz. Esta representación está baseada no poema O Mensaxeiro da Paz de Melba Fernández:

Un branco e pequeño barco
con bandeiras de cores
foi percorrer os mares
cargado de vistosas flores
 
É un barco de papel
como di a canción
pero é tan bonito e alegre
que conmove o corazón
 
Por cada porto do mundo
xa o vemos avanzar.
Deixános sempre unha mensaxe:
En paz queremos estar.

Obradoiro: Logo da Paz

Equipo Biblioteca

Para conmemorar o Día da Paz traballamos dende a biblioteca o Icono ☮, deseñado polo deseñador gráfico Gerald Holtom en 1958, e que se fixo mundialmente recoñecido nos anos 60 polo movemento hippie. Quedáronnos xenial!

Segundo encontro zonal do equipo de natación

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 27 de xaneiro tivo lugar en Monforte de Lemos a segunda experiencia competitiva do recentemente creado equipo de natación do noso centro educativo e no cal tomaron parte 9 nenos e nenas da categoría benxamín e alevín, que toman parte dentro do programa Xogade e que neste zonal competiron con nenos e nenas da zona sur da provincia, tanto de Chantada como da propia localidade de Monforte.

Os nosos representantes tiveron un bo papel e seguen sumando experiencia neste apaixonante deporte que este ano estamos a pontenciar dende o centro, xa que ademais deste equipo estase ofertando ao alumnado do primeiro ciclo de primaria un curso de iniciación á práctica da natación, que se desenrolará durante este trimestre no Club Fluvial de Lugo.

O resultado máis salientable desta xornada foi a vitoria de Aaron Castro nos 25 metros espalda, así como o segundo posto de Eric Gallardo nos 25 metros libres. Todos os nenos e nenas disputaron as probas de estilo libre, braza, espalda así como a proba de remudas. No mes de febreiro haberá unha nova xornada.

Primeira proba do Equipo de Bádminton

Dep. Ed. Física

Bo debut na presente tempada do Equipo de Bádminton do noso centro educativo, que dirixe o profesor Marcos López.  Como no curso anterior, un bo número de alumnos e alumnas da ESO do noso colexio decidiuse a realizar este vibrante deporte dentro do extenso número de actividades do proxecto deportivo de centro do departamento de educación física.

Neste primeiro encontro, disputado en Chantada, o noso alumnado tomou parte con clubs e centros da zona sur da provincia de Lugo, no que era unha primeira toma de contacto co deporte escolar que terá o seu punto principal no campionato provincial que se dispute na primavera.

Os integrantes do equipo de badminton nesta primeira proba foron os seguintes.

Charla sobre os riscos das adiccións ás apostas deportivas

Dep. Orientación

O pasado xoves, 25 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO asistiu a unha máis que interesante charla sobre os riscos das adiccións ás apostas deportivas, que se engloba dentro do Plan Director, no cal o noso centro está inscrito.

Esta sesión foi impartida por Pablo Anido, membro especialista nesta temática da Garda Civil, que lle explicou ao alumnado de 3º da ESO as ameazas latentes que corren se se adentran dentro deste tipo de xogos e apostas.

Consideramos fundamental que os nenos e nenas sexan partícipes deste tipo de formación para que teñan así un maior coñecemento de todo o referente aos perigos que ten a conexión ao mundo virtual.

Probas de habilidades motrices

Dep. Ed. Física

O noso centro participa, a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago, no proxecto estatal Alfa-Mov, que se basea na avaliación das competencias e habilidades motrices do alumnado cara a unha boa adquisición de estilos de vida saudables .

No día de hoxe realizaron estas probas os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de educación primaria, cunha serie de probas que consistía en carreiras, equilibrio, lanzamentos, recepcións, escalada, entre outras. En vindeiras datas  continuarán facéndose estas probas ao resto do alumnado de educación primaria.

Distribuir contido