Premios Postais de Nadal

EDLG

Un ano máis se realizou o concurso de postais que organiza o EDLG do noso centro e que tanta aceptación ten entre o alumnado. Como todos os anos, a calidade das postais presentadas foi moi alta  e cunha temática  moi axeitada ás datas nas que nos atopamos e o simbolismo que representan.


Como en anos anteriores, en educación infantil o concurso non tivo carácter competitivo e os premios e agasallos que se entregaron foron para a aula, mentres que en educación primaria e secundaria os gañadores foron os seguintes:


1º PRIMARIA------------------UXÍO CASANOVA
2º PRIMARIA------------------ADRIANA NUÑEZ
3º PRIMARIA------------------JOEL PENÍN
4º PRIMARIA----------------- VALENTINA MARTÍNEZ
5º PRIMARIA------------------SÁBELA SÁNCHEZ
6º PRIMARIA------------------ANDREA PENÍN
1º ESO---------------------------EMMA MARTÍNEZ HERMIDA
2º ESO---------------------------SUSANA PENA
 
POSTAL FELICITACIÓN CENTRO-------------------EMMA MARTÍNEZ HERMIDA

Visita ao cine

Ed. Primaria

Como o ano pasado, todo o alumnado de educación primaria se acercou a Lugo para visionar a película Wonka, unha adaptación cinematográfica do célebre conto de Roal Dalh, Charlie y la fábrica de chocolate, onde se conta a historia do xoven Willy Wonka e como coñeceu aos Oompa-Loompa nunha das súas primeiras aventuras.

A obra foi do agrado de todos os nenos e nenas que acudiron ás salas de cine do centro comercial "As Termas", onde pasaron un rato distendido e de camaradería propio destas datas de final de trimestre.

Un boneco de neve diferente

Ed. Infantil

A compañía de teatro Trémola representou no noso centro educativo a obra Un boneco de neve diferente para o alumnado de educación infantil, dentro da programación de Nadal deste colexio para todo o alumnado.

Esta obra baséase na historia dun boneco de neve que quere ser diferente ós demais e para iso vai a percorrer o mundo na procura de novas experiencias. A obra sacou máis dun sorriso entre os nosos nenos e nenas e pasaron un rato xenial.

A representación desta obra foi posible gracias a colaboración co Concello de Friol.

Fuerzas Armadas. Charla.

Dep. Orientación

Representantes do Ministerio de Defensa estiveron o mércores 20 de decembro no noso centro educativo para realizar unha charla didáctica sobre as posibilidades de saída profesional dentro do exército para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades formativas do departamento de orientación segundo o interese e aceptación do noso alumnado para ditas saídas profesionais.

Teatro en Inglés

Dep. Inglés

O alumnado de educación infantil e educación primaria asistiu a unha obra de teatro en inglés organizada por este departamento e que estivo dividida en dúas representacións.

A primeira titulábase Lost in Space e ía dirixida ao alumnado de educación infantil, así como o de 1º,2º e 3º de educación primaria. A través de Lara, unha exploradora espacial, os nenos coñeceron o universo visitando os planetas nunha nave espacial e viron a moitos alienígenas, entre eles a Benny, que andaba perdido polo espacio e necesitou da axuda dos nenos e nenas para volver a súa casa.

A continuación representouse a obra Robinson Crusoe para os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de educación primaria, que era unha adaptación do conto clásico de Daniel Dafoe, onde un naufrago terá que buscarse a vida, descubrindo así os segredos da supervivencia….en inglés.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Equipo de Biblioteca

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade, por iso durante este mes dende a Biblioteca realizamos obradoiros de iniciación ao Braille. Aprendemos a escribir e ler o noso nome neste sistema!

Xogos populares

EDLG

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, así como o alumnado da ESO, asistiu o pasado martes 19 de decembro, a unha sesión de Xogos Populares a cargo da asociación Xotramu de Muimenta, na cal o noso aumnado foi partícipe dos xogos antigos e tradicionais e que espertaron un grande interere por parte do mesmo.

Esta actividade encádrase dentro da programación do equipo de dinamización da lingua galega para o presente curso escolar e está no noso centro por segundo ano consecutivo despois do éxito de aceptación do pasado ano.

Friolot

Sandra Cid

Video do Friolot deste curso realizado polo alumnado de 5° de educación primaria.

Distribuir contido