Carreira Popular de Toques

Dep. Ed. Física

O pasado domingo 10 de marzo disputouse a Carreira Popular de Toques, a localidade veciña que organiza a tradicional proba de San Cidre e na cal os nenos e nenas do equipo de atletismo do noso colexio lograba un total de 8 podiums, nunha fría e invernal matinal onde os deportistas desafiaron as inclemencias metereolóxicas

Así, o primeiro en debutar era Arai Gallardo, que lograba a segunda posición na categoría sub 8, mentres que o seu compañeiro de equipo, Brais López, era terceiro sa proba sub 10, ocupando Alex Amil e Jorge Marqués a cuarta e sexta posición respectivamente.

Pola súa parte, Eric Gallardo lograba a vitoria na proba sub 12 por diante de Leo VIlladonga, que ocupaba a segunda posición. Tamén houbo dobre representación das nenas na carreira feminina, xa que Sabela Sánchez conquería a segunda posición e Sabela Menán, a terceira, mentres que Ada Ceide era cuarta na mesma proba.

Na categoría sub 14, Susana López conseguía subir o máis alto do pódium e levábase a vitoria e Hugo Ferro facía o propio na categoría sub 16, proba na que Roi Andón conseguía a cuarta posición nesta proba.