Olimpiada de Xeografía

Dep. Ciencias Sociais

Do mesmo xeito que o ano pasado, o noso centro tomou parte na III Edición da Olimpíada Xeográfica Junior,  na que estivemos representados por sete alumnos e alumnas de 3º da ESO, que tiveron unha grande actuación. Dita cita tivo lugar en Santiago de Compostela. Ademais desta competición, tamén se aproveitou para que o resto de alumnos e alumnas do mesmo curso, así como o alumnado de 2º da ESO, puidesen realizar unha visita cultural á capital galega, entre os que destacou unha visita ó Museo de Historia Natural de Santiago, que tivo unha gran acollida entre a delegación escolar.

Os nosos representantes nesta Olimpíada de Xeografía foron Antía Iglesia, Lucía Espiñeira, Andrea Vázquez, María Jesús Vázquez, Samuel Rodríguez, Alejandro Sobrado e Xan Ceide. Samuel Rodríguez foi o máis destacado nesta competición, quedando moi cerca dos postos do pódium deste evento no que tomaron parte centros de toda Galicia e na que o noso centro foi o único representante da provincia de Lugo.

Obradoiro de bolboretas

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria asistiu a un obradoiro moi interesante sobre as bolboretas, a través da Asociación Mundobicho, que tanto éxito e demanda ten no ámbito escolar.

Cada obradoiro tivo unha duración aproximada dunha hora e os nenos e nenas puideron ver as distintas especies de volvoretas, eirugas e casullos, así como toda a fase do ciclo da vida dunha bolboreta, coñecendo deste xeito as súas características morfolóxicas e funcionais, as difertencias entre as que son diurnas e nocturnas e tamén coñecer as especies de volvoretas máis comúns do noso entorno.

Apadriñamento lector. Semana do Libro

Ed. Infantil e Primaria

Ao longo desta semana no noso centro levouse a cabo, co alumnado de educación infantil e educación primaria, unha actividade de apadriñamento lector, con motivo da celebración da Semana do Libro. Nesta actividade, o alumnado de 3º a 6º de educación primaria leu diferentes contos aos máis pequenos do colexio, co obxectivo de fomentar os vínculos entre todo o alumnado do centro e mellorar en última instancia a convivencia escolar.

Campo a través. Escairón

Dep. Ed. Física

O pasado venres 19 de abril disputouse en Escairón a cuarta proba puntuable do circuíto de campo a través dos concellos da zona sur da provincia de Lugo. De novo acudimos cunha boa representación de nenos e nenas do noso centro educativo, que puideron desfrutar dunha estupenda xornada deportiva celebrada nunha fermosa Carballeira da localidade da Ribeira Sacra.

 

En canto ós resultados, lográronse un bo número de pódiums, xa que Leo Arias ocupaba a segunda posición na categoría benxamín, mentres que Sabela Sánchez ocupaba a terceira posición na proba alevín. Susana López e David Viña gañaban as súas respectivas carreiras na categoría infantil, e na carreira cadete, Hugo Ferro era segundo e Mateo Villar ocupaba a terceira posición.

Día do Libro

Antolín Martínez

 

Obradoiro de prevención á adicción ós videoxogos

Dep. Orientación

O alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun taller sobre prevención de adicción a internet e os videoxogos, nunha charla que estivo a cargo de Gerardo Rodríguez, da Asociación Agalure, unha asociación  que ofrece axuda a persoas que padecen a enfermidade da ludopatía ou outras adiccións a sustancias ou comportamentais, como é o caso da sobreexposición ás redes sociais ou os videoxogos, unha problemática que lle afecta a un bo número de escolares e que por iso, dende o centro, consideramos fundamentais este tipo de obradoiros para a prevención e concienciación desas adiccións.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol e forma parte do programa de actividades do Departamento de Orientación.

Fogares e comedeiros para paxaros

Equipo de Biblioteca  Mestres Gandeiros

Coa chegada da primavera as aves están máis presentes nas nosas paisaxes. Moitas especies fan os seus niños nas árbores para darlle a benvida as súas crías e podemos desfrutar do seu canto. Con ánimo de afondar no mundo da ornitoloxía, ciencia que estuda as aves, consultamos o libro Guía definitiva das aves da Galiza, de Salvador Lueiro, pintamos aves atendendo as cores da súa plumaxe e decoramos casiñas e comedeiros para os paxaros que veñen visitar o noso patio. Así poderemos observalos en directo!

"Pegada dixital"

Dep. Orientación

O alumnado de 3° e 4° da ESO asistiu a unha charla sobre os perigos que entraña o mal uso das redes sociais na adolescencia e preadolescencia, que son as idades nas que se encontran os nenos e nenas receptores de dita charla.

Esta charla enmárcase dentro do programa institucional da Consellería de Educación, A Pegada Dixital, que busca previr situacións de acoso e ciberacoso nos centros educativos. O relator fixo fincapé no perigo que entraña un mal uso das novas tecnoloxías e, sobre todo, das redes sociais, nas súas relacións e como calquera interacción en ditas redes deixa unha pegada dixital ou rexistro que pode ser perxudicial para eles.

A charla forma parte do programa do Departamento de Orientación para a mellora das relacións e do clima de confianza e benestar emocional, que é un dos obxectivos prioritarios do Plan de Convivencia

Campo a través. Taboada

Dep. Ed. Física

O pasado venres 12 tivo lugar a terceira proba do circuíto de campo a través dos concellos da zona sur da provincia de Lugo, e de novo, o equipo do colexio estivo presente nesta nova cita atlética.

Nun día marcado pola forte calor reinante, os primeros en tomar parte foron os representantes da categoría benxamín, onde Iría Díaz conseguiría un novo pódium ó entrar en terceira posición.

Pola súa parte, na categoría alevín, Sabela Sánchez e Ada Ceide lograban a segunda e terceira posición, mentres que Hugo Penas tamén era terceiro na proba masculina.

Na categoría infantil, David Viña lograba a vitoria e Susana López conseguía a terceira posición. Por último, os nosos representantes na categoría cadete lograban un novo triplete, sendo Hugo Penas o gañador e ocupando Mateo Villar e Martín Díaz a segunda e terceira posición respectivamente.

Excursión ás Insuas do Miño

Ed. Primaria

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria realizou unha viaxe didáctica ás Insuas do Miño, que se engloba no núcleo de Reserva da Biosfera Terras do Miño.

A Ruta das Insuas é un percorrido circular dunhas 5 km no que o noso alumnado descubriu os diferentes ambientes que se atopan en ditas Insuas, dende o denso bosque aluvial ata os extensos prados con grandes e vellos carballos.

A ruta tivo unha duración de dúas horas, comenzando e rematando na Casa das Insúas (Rábade)

Distribuir contido