8M. Charla e visita á Torres de San Paio de Narla

EDLG

Un dos símbolos máis importantes da cultura friolense, como é a Torre de San Paio de Narla, foi obxecto dunha charla da historiadora local Cristina Barreiro, que lles amosou ao alumnado de 3º de 4º da ESO como deben valorar o noso patrimonio e, como decía o título do relatorio, vibrar con el. Este evento tamén se encadra dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller, que se levou a cabo no noso centro educativo.

Esta charla complementouse cunha visita á Torre por parte do mesmo alumnado, onde Cristina Barreiro lles explicou a historia dun monumento que é un referente na cultura galega. No seguinte trimestre continuaremos con este mesmo tipo de formacións con outros edificios de importancia cultural do noso pobo.