Carreira Popular Torre de Hércules. A Coruña

 Felipe Barata

GRAN CARREIRA DE RUBÉN CEIDE

Na xornada do sábado 29 de Marzo tivo lugar a prestixiosa proba da Carreira Popular da Torre de Hércules, na cal se deron cita máis de 2.000 atletas. O noso club estaba representado polo xuvenil Rubén Ceide, quen lograba un valioso podium.

Carreira popular de Monforte

Na matinal do domingo 30 celebrouse na cidade de Monforte unha nova edición da súa carreira popular, na cal tomaban parte 7 atletas do club, lográndose un podium.

O alumnado de Latín goza do teatro clásico.

...

O luns 24, o grupo de 4º de ESO de Latín viaxou ata o Auditorio Gustavo Freire de Lugo para presenciar a obra de teatro "Hipsípila" de Eurípides, a cargo do grupo valenciano Komos, que inaugurou o XIV Festival Grecolatino.

Carreira solidaria Baleira-Castroverde

...


Felipe Barata

Na matinal do día 23 de Marzo disputouse o trail solidario Baleira-Castroverde, na cal tomaron parte representantes do noso club.

Charla sobre nutrición e actividade física

...

No Centro Sociocultural de Friol tivo lugar na mañá de hoxe, a cargo de persoal da Consellería de Sanidade, unha charla sobre nutrición e actividade física, destinada, en distintas sesións, ó alumnado de Primaria e Secundaria.

Festival do Entroido 2014

A Semana da Cociña Internacional Saudable e o I Concurso de Doces de Entroido configuraron o menú dunha semana de carnaval gastronómica, organizada polo Equipo Directivo, na que o Festival de Entroido 2014 puxo a guinda.

I Concurso de Doces de Entroido

...


Fotos: José Ramón Castro

Os máis de setenta participantes certificaron o éxito do I Concurso de Doces de Entroido, celebrado no Polideportivo do Centro na mañá do venres 28 de febreiro.

Corre con nós. Sanfiz (Lugo)

...

 Felipe Barata

Disputouse na matinal do dia de hoxe unha nova proba do circuíto lucense do “corre con nós”, onde tomaron parte cerca dunha ducia de atletas do club. O máis destacado volveu a ser a presenza dos atletas de menores nos postos de honra das súas respectivas categorías, así como a vitoria na categoría de veteranas de Carmen Expósito. Nas citadas categorías inferiores lográronse un total de 3 podiums.

1ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista. Lugo

...

 Felipe Barata

O pasado domingo 16 disputouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera a 1ª Xornada Clasificatoria de Atletismo en Pista, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas das categorías benxamín e alevín do club. Nesta primeira posta en acción da tempada ó aire libre, as nosas nenas  e nenos tiveron un bo comportamento, sendo para moitos deles o primeiro contacto cunhas pistas de atletismo. 

VISITA AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA (A CORUÑA)

...


Teresa Estévez

O martes 11 de marzo, o alumnado de 2º de ESO e 4º PDC visitaron as instalacións da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda.

Distribuir contido