Carreira Popular de Curtis

 

Vitorias de Aldara Ceide, Cristian Santos, María Carballido, Adrián Lage e Cristian Montecelo

Felipe Barata

O pasado sábado 5 de Xullo disputouse en Curtis  a I Edición da Carreira Popular, na cal tomaron parte os atletas do noso club, obtendo un total de 8 podiums. 

Na categoría prebenxamín, Aldara Ceide lograba a vitoria, mentres que a súa compañeira de equipo, Nerea Lage, conquistaba a segunda posición na proba alevín feminina.

Xa na proba infantil, dominio dos nosos atletas, con Cristian Santos gañando a carreira por diante de Adil Loussini, que ocupaba a segunda posición. Nas nenas, vitoria de María Carballido por diante da súa compañeira Vanesa Blanco, que entraba tamén en segunda posición. Adrián Lage gañaba con comodidades a proba cadete.

Por último, Cristian Montecelo tamén se impoñía na proba xuvenil.

Carreira Os 21 do Camiño. Melide

...


6 ouros e 3 pratas, o botín do club

Felipe Barata

O pasado sábado 28 de Xuño disputouse a II Edición da carreira os 21 do Camiño entre as localidades de Palas e Melide, na cal tomaron parte unha boa representación de atletas do club, sobre todo na categoría de menores, onde se lograban un total de 9 podiums: 6 primeiros postos e 3 segundos postos.

Festival fin de curso organizado pola ANPA

Como vén sendo habitual, a ANPA organizou un festival fin de curso, que tivo lugar o pasado 19 de xuño no comedor do colexio, coa participación do alumnado de Infantil e Primaria.

O festival transcorreu segundo o seguinte programa:

  • Obra de teatro infantil “A tola historia dos tres porquiños”
  • Baile galego
  • Música tradicional
  • Obra de teatro de 1º de Primaria “A bolsa de Estrela"
  • Baile “Ser mejor” de Violetta
  • Baile galego
  • Música tradicional
  • Obra de teatro de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria “O queixo”
  • Peza musical de Teresa Blanco “Follow the leader”

No seguinte vídeo ofrecemos un momento do festival.

 

Excursion a Marín de 4º, 5º e 6º de Primaria

...


Ana Belén Lago

O día 5 de xuño os alumnos/as de 4º, 5º e 6º partiron rumbo a Marín, onde tiñan unha visita na Escola Naval Militar. Alí fixeron un percorrido polas grandiosas instalacións a carón do mar. Subiron ó barco de salvamento da Garda Civil, fixeron uso da pista americana que teñen en dita escola, viron o campo de fútbol de céspede artificial, a piscina climatizada e o ximnasio. E tamén puideron votar unha pequena carreira pola pista de atletismo...

Carreira Popular de Guitiriz

Vitoria para David Fariñas, Vanesa Blanco, María Carballido e Adrián Lage

Felipe Barata

Un bo número de atletas estivo presente na carreira popular de Guitiriz, onde se lograban un 11 pódiums.

Na categoría benxamín masculino, a vitoria era para David Fariñas. O seu compañeiro de equipo Jesús Fagil lograba a terceira posición do pódium.

Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil. Vigo

Felipe Barata

O sábado 7 de Xuño tivo lugar o Campionato Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, na que tomaron parte 7 atletas do noso club, que tiveron unha boa actuación en xeral.

Gran Premio de Marcha Los Cantones. A Coruña

 

Felipe Barata

O sábado 31 de Maio disputouse na cidade de A Coruña o Gran Premio Cantones de Marcha, valedoiro para a Challenge Mundial de Marcha, con presenza de atletas do club nas probas de menores. Boa actuación dos nosos atletas, que obtiveron dous meritorios podiums.

Carreira Popular "Rota do Románico". Ferreira de Pantón

11 podiums, con vitorias de Aldara Ceide, David Fariñas, Cristian Santos e Cristian Montecelo

Felipe Barata

O pasado 31 de Maio disputouse en Ferreira de Pantón unha nova edición da carreira popular “Rota do Románico”, na cal tomaron parte cerca de 20 atletas do club, tendo unha destacada actuación, xa que se lograron un total de 11 podiums.

Deixémonos de dindirindainas!

 

José Mª Carricoba

A última semana de maio, en sesións de venres e sábado, representouse a montaxe "Deixémonos de dindirindainas", que xa vai pola súa 5ª edición.

Este ano, por primeira vez, asistiu o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria que riron como o que máis na representación.

O sábado, aínda que existían outras actividades nas que participaba o centro escolar, non tivemos queixa co público asistente, pois o día non animaba nada a meterse nun lugar pechado; aínda así cremos que lles fixemos pasar uns momentos divertidos.

Hai un dito en castelán que informa (adaptado por nós) que "nunca es tarde si la pizza es buena". Nesta ocasión a pizza era unha catro estacións exquisita. 

Só queda agradecer a Lidia ArgereyMaría SilveraLuís Varela e Estela Villarábide a súa dedicación e interese pola actividade.

Storytelling

...

Sesión de contacontos en inglés

O día 20 de maio a compañía de teatro “Face to face” estivo no noso centro. Realizaron dúas sesións: “Lost in Space”, para o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria e “Abracadabra” para o Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria.

Distribuir contido