6ª PROBA CORRE CON NÓS. AS TERMAS

 

Felipe Barata

Excelente Adrián Lage

O domingo 6 de abril disputouse unha nova proba do circuíto lucense Corre con Nós. Nesta ocasión a participación de atletas foi moi escasa, con só 2 representantes do club na mesma.
O máis destacado foi a gran carreira de Adrián Lage, que acababa a segunda posición da categoría C, demostrando o gran estado de forma no que se atopa e facendo a mellor carreira de todo o que levamos de circuíto.

 

 

Alumnado de Secundaria asiste en Santiago a unha obra de teatro en inglés

O pasado 31 de marzo, os grupos de 1º, 2º, 3º-B e 4º-B de ESO viaxaron a Santiago para asistir no Colexio La Salle á obra de teatro London, here I come!

A xestión dos residuos en Friol

 
...

 Teresa Estévez

O martes 18 de marzo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º de ESO fixeron unha saída ao noso entorno. Acompañados polo encargado de obras do Concello, José Manuel López Díaz, visitaron a depuradora de augas residuais e observaron o seu funcionamento. A continuación, desprazáronse ata a decantadora, onde tamén escoitaron explicacións de como desenvolve a súa actividade. Finalmente, dirixíronse ao punto limpo, situado xunto ao mercado gandeiro. Alí, comprobaron a existencia de colectores especiais para todo tipo de residuos e informáronse do procedemento a seguir para a súa utilización, así como do horario de atención aos veciños.

 

Primeiro Ciclo de Primaria visita o Museo de Lugo

...


 Melani Coedo

O día 28 de marzo os nenos e nenas do primeiro ciclo fixemos una visita ó Museo de Lugo, despois demos un paseo pola Muralla e Praza Maior para ir xantar ó Parque de Rosalía e rematar o día xogando.

Alumnado de Friol presencia o partido Lugo-Huelva

 
...


O pasado 22 de marzo, uns corenta alumnos e alumnas de Friol presenciaron o partido de fútbol disputado no Anxo Carro entre o Deportivo Lugo e o Recreativo de Huelva, no que se impuxo o Lugo por 2 goles a 0.

Globos azuis no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Nas cancelas de entrada dos edificios de Primaria e Secundaria do C.P.I. Dr. López Suárez colgáronse globos azuis no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, sumándose así o Centro á iniciativa de fomentar a sensibilidade social ante este trastorno.

2 ABRIL. DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

María Dolores López Cayón (ANPA)

O día 2 de abril celébrase en todo o Mundo o día da Concienciación sobre o Autismo (TEA) por resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, aprobada no ano 2007.

Do que se trata é de facer máis visibles para a maioría da poboación eses trastornos e dar a coñecer a realidade dos nenos, nenas e familias con TEA. O autismo afecta ó 6 por 1000 da poboación (facéndoo máis común que o cáncer ou o sida pediátricos) e catro veces máis ós homes que ás mulleres. Preséntase en calquera grupo racial, étnico e social.

A forma máis visual que se propón para conmemorar o día é colgar globos azuis nos balcóns e ventás das nosas casas e nos edificios públicos para dar a coñecer a existencia deste problema.

 

 

10 COUSAS SOBRE AUTISMO

María Dolores López Cayón (ANPA)

Primeira Proba Clasificatoria Atletismo en Pista. Categoría Infantil

 Felipe Barata

5 VITORIAS PARA O NOSO CLUB

Disputouse nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera a primeira proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil e na cal tomaron parte 8 atletas do club, logrando uns bos resultados no seu primeiro contacto coa pista ó aire libre na presente tempada. Nesta primeira proba conseguíronse un total de 5 vitorias.

Control federado cadete. Lugo

Conxuntamente coa proba infantil, disputábase tamén un control federado para os atletas da categoría cadete, na que participaban catro atletas do club.
 
Gael Jaúregi gañaba a súa serie de 300 metros lisos (sen tempo oficial) e facía o propio cos 600 metros lisos, onde firmaba un crono de 1.44 minutos. Nesta mesma proba Tino Villar era cuarto con 1.55 minutos.

Distribuir contido