Campionato Galego Infantil de Pista Cuberta. A Coruña

Felipe Barata

Boa actuación dos nosos nenos e nenas no Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil, que se desenrolou na cidade de A Coruña e na cal tomaron parte os atleta María Carballido, Vanesa Blanco e Cristian Santos, no que era o seu debut nun evento de pista cuberta.

O alumnado de 4º de ESO visita varios centros docentes de Lugo

Continuando con Plan de Orientación Académica e Vocacional, o pasado 27 de febreiro o alumnado de 4º de ESO visitou tres centros docentes de Lugo: a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, con oferta educativa en varios ciclos de grao medio e superior; o CIFP As Mercedes, onde poderían cursar diferentes ciclos de grao medio, e o IES Sanxillao, apropiado para o alumnado interesado en ciclos de cociña ou bacharelato de artes.

Xornada de menores Copa Deputación de Lugo. Pista cuberta

Felipe Barata

O pasado sábado 22 de Febreiro disputouse no Módulo Cuberto de Lugo unha xornada de promoción das categorías de menores, na cal tomaron parte 3 atletas do noso club pertencentes a categoría infantil.

Semana da Cociña Internacional Saudable

PARABÉN Ó EQUIPO DE COMEDOR E COCIÑA

por esta Semana da Cociña Internacional Saudable, que só se pode cualificar de ESPECTACULAR.

Semana da Cociña Internacional Saudable

Co obxectivo de achegar tamén a cultura culinaria ó alumnado, o Equipo Directivo do noso centro, organizador da semana do entroido deste ano, que ten como  tema a gastronomía, tivo a boa idea de incluír nos menús do comedor escolar a Semana da Cociña Internacional Saudable, dedicando cada día desta semana a un país diferente.

Venres 28, GALICIA

 

 

 

 

 

 

 

  • Sopa de cocido
  • Cocido galego
  • Postre especial entroido

 

 

 

 

 

 

 

Percorrido polos tres museos (24/02/2014)

...


Ana Belén Lago

Partimos de Friol encamiñados á ciencia, xa que tiñamos visita no Aquarium, na Casa das Ciencias e na Casa do Home. A esta saída foron os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

4ª proba do CORRE CON NÓS . Ombreiro

...


 Felipe Barata

TRES PODIUMS PARA O CLUB

Celebrouse na xornada do domingo 16 de Febreiro a cuarta proba do circuíto lucense de carreiras populares, na que tomaron parte un nutrido número de atletas do club e que tiveron unha destacada actuación, sobre todo nas categorías de menores, que ademais é o sector máis importante deste aínda incipiente club. Así, os representantes do Atletismo Friol lograban un total de 3 podiums nesta cita atlética.

Os grupos de 4º de ESO visitan a Fundación TIC de Lugo

Coa finalidade de que o alumnado de 4º de ESO madure a toma de decisións respecto o seu itinerario académico e profesional unha vez rematada a etapa da educación obrigatoria, desde o Departamento de Orientación programáronse varias visitas a diferentes centros académicos. Hoxe visitaron, acompañados das súas titoras, Carmen e Blanca, e da orientadora, Branca Nazaré, a Fundación TIC de Lugo.

No TicoDiario de arriba, elaborado e subido pola Fundación, profes, alumnos e alumnas do noso colexio fixeron de presentadores, entrevistadores e entrevistados.

O noso agradecemento á Fundación TIC de Lugo.

Obradoiro de prevención de condutas violentas: xenofobia e LGTBfobia

 

O alumnado de 3º de ESO foi o destinatario do obradoiro Prevención de condutas violentas: xenofobia e LGTBfobia, que persoal da Curz Vermella de Lugo levou a cabo no noso centro educativo, nas mañás dos venres 14 e 21 de febreiro.

 

 

 

 

A lingua que nos namora

Baixo este romántico e suxestivo título, os alumnos e alumnas de Educación para a Cidadanía de 2º de ESO, para conmemorar a festividade de San Valentín, día dos namorados, pero tamén da amizade e de galanos, agasalláronnos cunha fermosa exposición dun florilexio de poemas de amor.

Distribuir contido