O grupo de 1º de ESO canta os reis na vila de Friol

José Mª Carricoba e os seus alumnos e alumnas de 1º de ESO, un ano máis, cumprindo coa tradición de pedir o aguinaldo polo Nadal, percorreron a vila e establecementos de Friol cantando panxoliñas  e cantos de reis. Estiveron acompañados por algunhas das pandereteiras do grupo de Nazaré Guerreiro.