Nadal 2013

Bulla , aplausos, sons de pandeiretas e cantos resoan nos corredores do edificio de Infantil e Primaria.

Nalgunha das aulas, ante a incredulidade, emoción e ledicia de nenos e nenas, Papá Noel, que apareceu de socate, está a repartir sorrisos e presentes, pois, por suposto, todos e todas se portaron moi ben.  Algúns aproveitaron para entregarlle a carta para os Reis, sabedores da gran amizade que une a estes con Papá Noel.

Nalgunha outra aula os alumnos e alumnas de sexto de Primaria están recitando poemas de Nadal, intercalados nun popurrí de panxoliñas.