[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Biblioteca

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO CON MOTIVO DO SAMAÍN

Como este curso fixemos obras de ampliación na nosa biblioteca e non puidemos abrila antes de comezar o mes de novembro, con motivo do Samaín, preparamos unha pequena exposición con libros de terror no corredor da biblioteca.

expoterror1

expoterror2

expoterror3

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O VERÁN 2019

praia

O curso está xa a piques de rematar e por fin chegan as vacacións de verán e, con elas, máis tempo libre para gozar da praia, das actividades ao aire libre, da familia e amigos... e, como non, ¡dun bo libro! Velaquí algunhas recomendacións.

verano19

 (Fai clic na imaxe para acceder ao documento)

LECTORES EXCELENTES 2018/19

Aquí temos as imaxes dos premiados como lectores e lectoras excelentes do curso. ¡Noraboa! Sorriso

brais

 

paula

jorge

Alia

EXPURGO DE LIBROS

A última semana de maio aproveitamos para facer un expurgo de libros e moitos rapaces e rapazas achegáronse para darlles unha segunda vida a eses libros que xa van algo velliños. Como cada curso, ¡o evento é todo un éxito!

expurgo

 

expurgo

TÓMBOLA LECTORA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora.

tómbola

DERRADEIRA EXPOSICIÓN DO CURSO: "AS NOSAS LETRAS"

Co gallo do Día das Letras Galegas 2019, celebramos o noso patrimonio lingüístico e cultural cunha exposición dedicada especialmente a Antonio Fraguas, non que non faltaron obras doutros autores e autoras galegas anteriormente homenaxeados nesta data.

letras galegas 

letras galegas

letras galegas

letras galegas

PENÚLTIMA XUNTANZA DO CURSO 2018/19 DOS APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS DE LECTURA

Como cada mes, os padriños e madriñas de lectura dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutan dun recreo léndolles contos aos seus afillados/as. Nesta ocasión foron os maiores os que elexiron os contos e a experiencia foi, coma sempre, entrañable, enriquecedora e divertida. 

Apadriñamentos 1

 

Apadriñamentos 2

Apadriñamentos 3

Apadriñamentos 4

Apadriñamentos 5

Apadriñamentos 6

Apadriñamentos 7

DÍA DO LIBRO 2019

Co gallo do Día Internacional do Libro 2019, celebrado o 23 de abril, unha das actividades que se organizaron dende a biblioteca, coa colaboración do profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria, foi unha lectura da obra Don Quijote de la Mancha, na que participaron os alumnos e alumnas deses dous niveis de Educación Primaria. 

Hugo

Distribuir contido