[Actividade recente]

Títuloarranxar por icona Tipo Nome Data de envio
I FEIRA TRADICIONAL NO CPI CERNADAS DE CASTRO Páxina Anónimo 31/05/2016 - 00:16
Librería “Contos” Páxina Anónimo 16/05/2016 - 22:18
O GALEGO E O MAR Páxina Anónimo 30/04/2015 - 14:15
PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALECRÍN Historias pipaca 14/04/2016 - 13:49
primaria Historias Anónimo 13/01/2009 - 18:57
RECOMENDACIÓNS E NORMAS DE EDUCACIÓN INFANTIL Páxina Anónimo 12/01/2009 - 13:39
Traballamos en equipo Imaxe ana.balsa 08/04/2018 - 10:18
Visita á exposición "Paisaxes e Personaxes" na casa da cultura de Lousame. Historias Anónimo 12/10/2018 - 18:11

Infantil B

Lóxica matemática.

Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.

 

Escornabots.

Seguimos xogando cos Escornabots, na primeira foto o xogo das Carreiras e na segunda foto o xogo das Cores.

Reto.

O alumnado de Infantil B fixeron fronte a este reto: entre todos formar o percorrido que vemos na imaxe da tarxeta 1 e logo xogar, cunha consigna clara, todos tiña que participar, chegar a conclusións consensuadas.

A primeria ver que fixeron o RETO foi xenial, case sen discursións entre eles, coas ideas claras. A segunda moito mellor.

Robótica: Escornabots e Blue Mouse.

O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo.

BLOG DE INFANTIL B

VACAS NO ENTROIDO

Mirade que guapísimos estamos disfrazados de vacas. Foi un entroido raro porque de 16 que somos faltaban 5, así que Ana era mellor que se disfrazase de veterinario e non de gandeira. Pasámolo moi ben e fartámonos de comer filloas e orellas. Estaban riquísimas!

RECCEITA DE PAZ

Este ano para conmemorar o día da Paz decidimos facer unha receita. Tivemos que pensar moito porque ao principio non tiñamos claro que era eso da Paz. Primeiro pensabamos que a Paz era o mesmo que a tranquilidade e non é ningún erro, porque ás veces utilizamos esa expresión de, "déixame en paz", cando queremos que non nos molesten.

FONDO FORMA

Difernciar o fondo da forma pode resultar estéticamente interesante. Nestes debuxos podedes ver como somos quen (case que todos) de facer resaltar a imaxe do fondo de forma sinxela

Distribuir contido