[Actividade recente]

Títuloarranxar por icona Tipo Nome Data de envio
I FEIRA TRADICIONAL NO CPI CERNADAS DE CASTRO Páxina Anónimo 31/05/2016 - 00:16
Librería “Contos” Páxina Anónimo 16/05/2016 - 22:18
O GALEGO E O MAR Páxina Anónimo 30/04/2015 - 14:15
PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALECRÍN Historias pipaca 14/04/2016 - 13:49
primaria Historias Anónimo 13/01/2009 - 18:57
RECOMENDACIÓNS E NORMAS DE EDUCACIÓN INFANTIL Páxina Anónimo 12/01/2009 - 13:39
Traballamos en equipo Imaxe ana.balsa 08/04/2018 - 10:18
Visita á exposición "Paisaxes e Personaxes" na casa da cultura de Lousame. Historias Anónimo 12/10/2018 - 18:11

PRAZO ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

ADMISIÓN CICLOS Curso 2022-23

Saíron as datas para o proceso de admisión de solicitudes: do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas

Neste enlace atoparedes toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos para o curso 2022-23 (instrucións xerais, documentación, calendario, oferta, listaxes ...)

 

CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA DE MUROS E NOIA

O alumnado de 1º e 2º de ESO na chegada á praza do Obradoiro logo de realizar o último tramo do Camiño de Santiago Ría de Muros e Noia, foron 14kms dende Brión ata Santiago de Compostela nuha xornada que resultou máis dura do previsto debido o día solleiro que tivemos.

III XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA

Cartel Xornadas

Os días xoves 2 e venres 10 de xuño tiveron lugar as III Xornadas de Gastronomía Francesa organizadas polo alumnado de francés do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e coa imprescindible colaboración e bo facer do equipo de cociña. Como en edicións anteriores deixámovos máis abaixo o enlace para responder a unha enquisa sobre a vosa opinión das xornadas. Como en edicións anteriores, leremos con moito interés as vosas valoracións e comentarios e terémolos en conta na medida do posible para as vindeiras edicións.

Enlace enquisa

Desexamos que gozarades coñecendo e aprezando a diferente gastronomía do país veciño. Moitas grazas pola vosa participación e ata a vindeira edición!

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

 - Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Secundaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022_23

Todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022_23 foron admitidas de xeito definitivo. As listaxes están expostas no taboleiro principal do centro.

As persoas interesadas poderán consultar as listaxes de xeito:

 

Presencial: na secretaría do centro.

 

Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

XXVII Certame Literario Alberto Romasanta

 

Alumnos do noso centro participaron no XXVII Certame Literario Alberto Romasanta, xunto con IES Virxe do Mar, o IES Campo de San Alberto e IES Poeta Añón de Outes. 

De entre as 122 obras presentadas os alumnos  de 1° de ESO, Xoel Mariño Domínguez e Nuno Carmona González resultaron gañador e finalista respectivamente na categoría 1 de prosa, e Nicolás  Outeiral Suárez de 2° de ESO gañou no aparato de poesía tamén  na categoría 1, que englobaba 1° e 2° da ESO.

 

Noraboa a todos eles!

  

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDAR

 

Aberto o prazo de solicitudes de becas para estudos de niveis postobrigatorios,  do 30/03/2022 ata o 16/05/2022

 

Preme para acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas.

 

Accede aos consellos para a solicitude de becas "Tu beca así de fácil" , facilitados no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

 

Compartimos as aclaracións a algunhas preguntas formuladas polos solicitantes das bolsas do MEC para o curso 2022/2023 (facilitadas por parte do Coordinador da Sección provincial de Becas de A Coruña).

 

Relación de estudos para os que se pode solicitar beca.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Distribuir contido