[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

GRADUACIÓN EN 2º DE BACHARELATO

 

 

   

A fins da anterior semana, e como xa vén sendo habitual, os dous IES de Noia: O Virxe do Mar e O Sal Alberto remataron as clases e os exames de 2º de Bacharelato. Por esta razón, en días distintos, os dous centros celebraron a graduación do seu alumnado. Entre ese alumnado atópanse tamén compañeiros e compañeiras que saíron de aquí, do CPI Cernadas de Castro e que estudaron connosco dende Infantil ata 4º de ESO. 

Pois ben, dende Lousame queremos darvos os nosos parabéns; xa sabedes que, despois de tantos anos entre nós, acabades converténdovos nun anaquiño do centro. Estamos felices de que conseguirades rematar esta etapa con tanto éxito, pois un paxariño informounos que nesta promoción do 2014/2015, saída de aquí en xuño de 2013, houbo dúas Matriculas de Honra e varias notas cuxa media está entre o 9 e o10. Tamén nos informou ese paxariño que case todos e todas ides ir a selectivo e iso énchenos de felicidade.

Dende logo, o traballo e o esforzo foi voso, pero o orgullo tamén é noso.

Parabéns a todos e todas e grazas por formarvos así de ben.

Non nos queda máis que desexarvos algo que xa sabemos de antemán que se vai cumprir: que a media de Selectividade sexa tan boa como a de Bacharelato.

Mil bicos para todos e todas.

 

 

 

 

Excursión: FISTERRA

O xoves pasado estivemos en Fisterra de excursión. Subimos a un barco, vimos o faro, comimos na praia da Langosteira...Unha marabilla!

Traballamos co Tangram.

Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram.

A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas.

Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas. 

Buscamos ángulos.

A semana pasada na clase de matemáticas estivemos traballando os ángulos. Sabemos que hai ángulos agudos, outros rectos e outros obtusos.

Nun dos cadros de Kandinsky buscamos todos os ángulos que había e rodeamos de azul os agudos e verde os rectos. Despois, chegamos á conclusión de que non había ningún ángulo obtuso porque non había ángulos máis grandes que o recto.

Os reloxos

Estamos a estudar as horas e pensamos facer estes reloxos que nos permiten practicar sempre que teñamos un momentiño.

 

 

Excursión a Apípolis

Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas...

Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.

 

CAMIÑADA MONTE CULOU

Hoxe fixemos a nosa habitual camiñada de fin de curso, un total de 167 participantes, entre alumnos de 6º de primaria, da ESO e profesores saímos do Monte Culou para dirixirnos ata o noso colexio, foron 16 km de percorrido pasando por Toxosoutos, Cabanetán e as papeleiras existentes á beira do río Vilacova.

A xornada resultou moi amena e divertida, aínda que houbo algúns tramos pola beira do río que nos custou un pouco superar.

Se queredes ver algunhas fotos da xornada mirade na nosa galería. 

 

XINCANA DE FILGUEIRA VALVERDE

 

 

Distribuir contido