[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Visita d@s nen@s de 5ºA

Co gallo do día do libro @s alumn@s de 3ºA e 3ºB de Primaria o pasado luns día 27 de abril tivemos unha visita na nosa aula.


Para conmemorar este día decideuse que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º lle lesen un conto aos de Infantil, 1º, 2º e 3º. Foi así, como a nosa aula chegaron @s nen@s de 5ºA.

O GALEGO E O MAR

ACTIVIDADE DO EDL

Nova actividade para 3º ciclo de Primaria e todo Secundaria. Estade atentos ao que tedes que realizar:

A nosa aula si que mola

Este é o título do concurso que se iniciou no mes de marzo no CPI Cernadas de Castro. Mes a mes, o xurado composto pola nosa conserxe María, por un alumno/a de primaria e polo profesor de Educación Plástica, Adolfo, elixen aquela aula que presenta mellor aspecto en canto á orde, limpeza, decoración,...O alumnado gañador recibe un premio, de xeito individual, polo seu traballo, esforzo  e contribución á mellora das aulas.

Temos que dicir que o alumnado, dirixido fundamentalmente polos seus titores e titoras,está a realizar un fantástico traballo. 

Por outra banda, todo o centro está volcado na procura dunha mellor convivencia. As aulas todas preparan afanosamente a súa  papeleira de reciclaxe e tamén unha serie de lemas que consideran fundamentales para a  convivencia nun centro educativo.

Para que vos fagades unha idea aí van unhas primeiras  fotos 

Fixemos un teatro para os pequen@s!!!

A semana pasada estivemos preparando un teatro  sobre  o conto " A cebra Camila" para contarllo aos nen@s de infantil. Divertímonos moito preparando todo: música, caretas, roupa... 

 

Creamos libros!!!

Na clase de Cidadanía fixemos uns libros onde os protagonistas eran as nosas familias. 

Estas son algunhas das fotos dos nosos traballos.

 

Un percorrido pola Ciencia e a Tecnoloxía dende o século XX ata a actualidade

O alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Introdución ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación levou a cabo un proxecto de investigación sobre os avances científicos e tecnolóxicos do século XX e do actual século XXI. Unha vez recollida a información acordaron entre todos a maneira de presentala e as cuestións de formato que ían ser comúns. O froito foron estas 12  presentacións con diapositivas que agora vos presentamos .

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o "Día do Libro", polo que desde 6º participamos nesta celebración creando os nosos propios libros. A temática destes baséase nas nosas especiais familias.

Pódense observar na exposición do corredor principal do centro.

Biografía de Kandinsky II

Esta semana na clase de Lingua Castelá volvimos a traballar a biografía. A semana pasada vimos unha biografía de Kandinsky online e esta semana lémola en formato impreso.

Fomos comprobando todo aquilo que aprenderamos:

Distribuir contido