[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28
XORNADA DE PORTAS ABERTAS_CURSO 2024_25 Páxina pipaca 05/02/2024 - 13:50
OS MANDADOS DO MECO Páxina pipaca 02/02/2024 - 16:16

Recollida do alumnado nas tardes dos martes



Nas tardes do martes as horas de recollida do alumnado serán:

14:10: se o alumnado non fai uso do servizo de comedor escolar.
15:00: tras facer uso do servizo de comedor escolar.
15:40: como os restantes días da semana.
17:20: hora de saída do transporte escolar.

Durante este curso escolar non haberá ningún tipo de actividade extraescolar dende que  remate o servizo de comedor escolar, nin por parte da ANPA, do Concello ou do centro dado que debemos respectar os grupos estables de convivencia.
O alumnado permanecerá na súa zona do patio sempre que a climatoloxía o permita ou, en caso contrario,  na súa aula.

APRAZAMENTO DO INICIO DE CURSO PARA A ETAPA DE SECUNDARIA

A Consellería de Educación vén de aprazar o inicio do curso na etapa de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.  Para o alumnado de  ESO o inicio do curso escolar será do seguinte xeito:

 

23 de setembro: Alumnado de 1º e 2º ESO.

24 de setembro: Alumnado de 3º ESO.

25 de setembro: Alumnado de 4º ESO.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2020-21 PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

O xoves 10 de setembro dá comezo o curso escolar 2020-21.

Ese día, incorporarase o alumnado de:

  • 4º e 5º de Educación Infantil( no caso de 4º de Educación Infantil terase en conta o  horario establecido pola titora atendendo ao período de adaptación )
  • 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

O venres 11 de setembro incorporarase o alumnado de:

  • 6º de Educación Infantil
  • 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 

Durante todo o curso escolar as entradas e saídas do alumnado realizaranse do seguinte xeito:

 

alumnado transportado de Ed. Infantil accederá ao centro acompañado das coidadoras dos autobuses a través do patio cuberto e pola porta principal do mesmo.

O alumnado transportado de Ed. Primaria accederá ao centro, nada máis baixar do autobús, pola portal principal do patio de Primaria.

alumnado de Ed. Primaria achegado polas familias , accederá polo portal peonil  e entrará pola porta principal do patio de Primaria.

As familias do alumnado de Ed. Primaria, á hora da entrada, non poderán acceder ao recinto escolar.

O alumnado de Ed. Infantil achegado polas familias, accederá ao centro ás 9:20 h polo portal peonil, unha vez que os autobuses abandonen o recinto escolar e todo o alumnado estea dentro das aulas. Un dos proxenitores ou unha persoa maior de idade autorizada polos mesmos acompañará ao alumno/a polo exterior do centro, a carón do patio de infantil, ata a entrada do edificio que alberga as aulas desta etapa educativa.

As familias, polo tanto, non poden acceder ao centro agás que acompañen a alumnado de Infantil, e neste caso será un só acompañante, sexa requerida a súa presenza polo titor/a, Dirección,  Orientación ou precisen realizar algún trámite administrativo para o que esperarán a que  non haxa alumnado nos patios para acceder ao interior do centro e dar cumprimento así ao establecido no protocolo da Consellería de Educación e Sanidade.

O primeiro día de clases, 10 de setembro, e como medida excepcional, dado o cambio de etapa, o alumnado de 1º de Primaria, entrará ás 09:30h empregando o portal peonil acompañados dun membro da súa familia e accedendo ao interior do centro pola porta principal de Primaria. Haberá profesorado que o acompañe ata a súa aula.

 No caso de vir no transporte, será acompañado polo profesorado ata a súa aula nada máis baixar do autobús.

Haberá profesorado distribuído polos accesos para axudar e dirixir ao alumnado.

Todo o alumnado, tanto o transportado como o achegado polas familias, deberá traer posta a máscara. Ademais, tal e como establece o protocolo da Consellería de Educación e Sanidade, deberán traer un estoxo, etiquetado co seu nome, e cunha máscara de reposto. Teñan en conta  que no caso de que as máscaras sexan cirúrxicas deben traer unha a maiores para cambiala ás catro horas.

O primeiro día o alumnado de Ed. Primaria tan só debe traer unha mochila cunha libreta e un estoxo cun bolígrafo, lapis, goma e afialapis. Non deben traer ningún libro. Será o/a titor/a quen lles indicará cal deben ir achegando co transcurso dos días.

 

O alumnado utilizará a mesma porta de saída que de entrada ao centro.

 

O alumnado que non vai afacer uso do servizo de transporte poderá ser recollido no centro nos seguintes horarios:

 

14:10 horas: se o alumnado non vai facer uso do servizo de comedor. A esta hora, e dado que non haberá alumnado nos patios, as familias esperarán diante da porta de Infantil ou de Primaria, segundo sexa o caso, para recoller aos seus fillos/as. Será a conserxe quen vaia entregado os nenos/as.

15:00 horas: tras facer uso do servizo de comedor. A esta hora poderán darse dúas situación distintas:

-        Que sexa un día de choiva co que o alumnado que xa fixo uso do servizo de comedor non sairá ao patio despois de comer e permanecerá nas súas aulas. Neste caso, as familias, tanto de Infantil como de Primaria, accederán ao patio e esperarán diante da porta de Primaria e será a conserxe ou un profesor quen fará entrega deste alumnado aos pais.

-        

Que non sexa un día de choiva e, polo tanto, o alumnado que xa fixo uso do servizo de comedor estea no patio. Nese caso, as familias esperarán no portal principal, sen entrar ao recinto escolar, e será un profesor ou a conserxe quen leve os nenos/as ao portal principal.  

15:40 horas: hora de saída dos autobuses. Neste caso as familias do alumnado de Primaria deberán esperar aos nenos/as no portal principal, sen entrar ao recinto escolar. As familias do alumnado de Ed. Infantil que veñan a recoller aos seus fillos/as esperarán a que todo o alumnado estea no autobús para acceder ao recinto escolar e dirixirse ao edificio de Infantil polo exterior onde recollerán aos seus fillos/as.

 No arquivo adxunto dispoñen dunha guía resumo cunha serie de preguntas e respostas sobre o protocolo de obrigado cumprimento para o s centros educativos establecido polas Consellerías de Educación e   Sanidade.

Pregamos que se manteñan atentos á web do centro, xa que se irán actualizando as instrucións e a información  á maior brevidade posible.

 

Listaxe provisional Fondo Solidario de libros de texto para alumnado ESO curso 2020/21

Publícanse as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria.

Pódense consultar da seguinte forma:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 7 de setembro.

LOUSAME CONCILIA

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a Etapa de Educación Primaria curso 2020/21.

Publicase as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria.

Podense consultar os libros asignados da seguinte maneira:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros coa  Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro.

Listaxe provisional da Etapa de Educación Primaria do Fondo Solidario de Libros de Texto curso 2020/21.

Publicase as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria.

Podense consultar da seguinte forma:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa  Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO_CURSO 2020_21

 

Infórmase ao alumnado e familias que solicitaron admisión no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro  de que todas as solicitudes foron admitidas. As listaxes definitivas están expostas na Conserxería e na Administración do centro.

Distribuir contido