[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28
XORNADA DE PORTAS ABERTAS_CURSO 2024_25 Páxina pipaca 05/02/2024 - 13:50
OS MANDADOS DO MECO Páxina pipaca 02/02/2024 - 16:16
CROS PORTO DO SON Páxina gedepevi 02/02/2024 - 14:10

Listaxe provisional distribución de máscaras.

 

Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do procedemento para a distribución de máscaras.

Os beneficiarios do vale de material (50 €) están admitidos na lista provisional.

Os solicitantes que fixeron o trámite poderán preguntar sobre o estado da mesma no número de teléfono 881866801.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

25 de Novembro: día contra a violencia de xénero

Os noso alumnado traballou duro para crear estes vídeos para o día contra a violencia de xénero.

Á árbore do bo trato

Distribución máscaras para o alumnado de Ensino Obligatorio.

Prezadas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o venres 13 de novembro  no DOG  a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado de primaria e secundaria que fose beneficiario do vale para mercar material escolar (50 €) no curso escolar 2020/21. NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE.

No caso de non solicitar a axuda de libros este curso poderán cubrir a instancia e serán beneficiarios se a renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal 2018).  Xunto coa solicitude deberán entregar a documentación que sinala a orde.

Prazo para presentar as solicitudes do 16 ata o 27 de novembro na Conserxería do centro ou a través da sede electrónica.

NOVAS INSTRUCIÓNS COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR

O  Consello da Xunta acordou  autorizar , de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no centro escolar  ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar a pandemia da COVID-19.

          Polo tanto, ábrese unha  lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais.

Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual.

Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedorescolar.

Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.

Para anotarse na devandita lista como colaboradores de comedor deberán chamar ao teléfono  881866801.

Plans do Centro

INICIO DO CURSO ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE ESO

O alumnado de ESO incorporarase ao curso escolar 2020_21 atendendo ás instrucións marcadas pola Consellería de Educación, deste xeito:

O mércores 23 de setembro incorpórase o alumnado de 1º e 2º de ESO.

O xoves 24 de setembro, o alumnado de 3º ESO.

O venres 25 de setembro, o alumnado de 4º ESO.

 

O alumnado unha vez acceda ao recinto escolar, tanto o transportado como o achegado polas familias, deberá dirixirse ao patio cuberto onde accederá ao interior do centro pola porta que lle indique o profesorado. Deberá vir provisto de máscara e gardar a distancia de seguridade en todo momento.

 

 

 

 

Listaxe Definitiva Fondo Solidario de libros de texto para alumnado ESO curso 2020/21

Publícanse as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria.

Pódense consultar da seguinte forma:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 7 de setembro.

Distribuir contido