[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14

ENTREVISTA DOS RAPACES DE 3º E 4º ESO

Os rapaces de 3º e 4º ESO fixéronlle unha entrevista a persoas de distintas idades coa idea de obter información sobre dous aspectos:

  • As súas vivencias persoais con respecto ao uso do galego na escola.
  • A súa opinión persoal sobre a situación do galego na actualidade.

 Propuxémoslles escoller tres persoas de idades diferentes: Unha pimeira xeración con idades comprendidas entre os 20 e 40 anos; unha segunda con idades entre os 40 e 60 anos e unha terceira con tramos que foran dende os 60 anos en adiante. A idea era que, despois da súa entrevista, sacasen as súas propias conclusións e fixeran un escrito onde reflectiran o que seus entrevistados lles dixeran. O obxectivo era que os rapaces coñeceran a evolución do uso do galego na escola nestes últimos anos e, incluso, que entraran en contacto coas xeracións máis vellas que nunca tiveran galego no ensino.

Como son moitos os traballos, no seguinte arquivo adxunto poderedes ler un exemplo dunha rapaza de 3º e outro dunha rapaza de 4º. Atrevédevos, vale a pena!!!!

AdxuntoTamaño
Traballo do galego en tres xeracións.pdf14.02 KB