[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.