Seguimos con máis ritmos...

Con este xogo de aprendomusica.com seguimos practicando ritmos en tres niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. A ver quen consegue resolver os tres niveis!!! Ánimo!!!

 

Imos xogar un pouco con ritmos...

Este xogo de aprendomusica.com consiste na práctica de ritmos con negra e silencios de negra en dous niveis distintos. Comezade polo Nivel 1 para ir aumentando a dificultade gradualmente. Podedes escoitar varias veces os ritmos antes de contestar. A ver quen consegue resolver os dous niveis!!!

#RESISTIRÉ! #EuQuedoNaCasa

"Resistiré" é un dos temas con máis éxito do coñecido Dúo Dinámico.

É unha das cancións propostas nestes días de confinamento na casa para tocar nos balcóns ou ventás dende a casa, como supoño que xa vistes nas redes sociais.

Esta elección non é casual, senón que se debe á temática da que trata esta canción, que fala da superación, e que en estes días difíciles propóñovos aprendela e tocala nas vosas casas! Veredes que non é tan difícil! 

 

LETRA DA CANCIÓN

"Cuando pierda todas las partidas,

cuando duerma con la soledad.

Cuando se me cierren las salidas,

y la noche no me deje en paz.

Cuando sienta miedo del silencio,

cuando cueste mantenerme en pie,

cuando se rebelen los recuerdos,

y me pongan contra la pared.

Resistiré, erguido frente a todo,

me volveré de hierro para endurecer la piel.

Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte,

RECORDANDO AS POSICIÓNS DAS NOTAS NA FRAUTA DOCE

Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para os alumnos/as de 3º curso, que se están iniciando no manexo da frauta doce pero que axiña se convertirán en expertos músicos...

De todos os xeitos, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso tamén lle podedes botar unha ollada se o precisades!!!

 

Practicamos a colocación das NOTAS MUSICAIS no pentagrama

Con este xogo de aprendomusica.com poderes practicar a colocación das Notas Musicais no pentagrama. A ver quen consegue máis puntuación!!!

INICIACIÓN Á COLOCACIÓN DAS NOTAS MUSICAIS

Este xogo de aprendomusica.com é unha iniciación á identificación da escala de notas musicais. Debedes de comezar polo nivel máis inferior e ir incrementando a dificultade a medida que vos atopedes seguros! Ánimo a eses futuros músicos!!!

 

Practicamos a escritura da Clave de Sol

Bo día a todos e todas! Aquí vos deixo un enlace á páxina aprendomusica.com para practicar a escritura da Clave de Sol. Recordade que se comeza a debuxar pola segunda liña do pentagrama e non podemos levantar o lapis ata o final! Así que mans á obra!!!

CernaBlogs

Artigos recentes