Francés

On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)

O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:

Saute mouton - pídola

Saute mouton ou Pídola

A silliña da Raíña

La Chaise ou Silliña da Raíña

 

On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros

Pasar polo aro

Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A  que quedaba sen aro era eliminado/a.

Aros musicais

On joue? Xogamos? : Jouer aux billes - Xogar ás canicas

Xogando ou Juá

O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita.

O Juá consiste en meter a canica nun burato.

O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan.

A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.

A Quta

 

On joue? Xogamos? : Colin-Maillard ou A Pita Cega

Colin Maillard ou A Pita Cega

O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o  alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo.

On joue? Xogamos? : Le Cheval Bayard - O Cabalo Baio

Le Cheval Bayard - O Cabalo Baio

O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido.

On joue? (Xogamos?) Proxecto Interdisciplinar 1º ESO Francés

Gargantúa de RabelaisPeter Brueghel, Xogos de Nenos

Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos.

Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo.

Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.

 

Te souviens-tu?

Te souviens tu de tout brodway
quand il pleuvait
te souviens tu sur malcolm x
sous un chapeau
te souviens tu
au bord de l’eau…
…
moi j’ men souviens
comme si c’etait
comme si jamais
moi j’men souviens
comme si plus rien…

Si loin de toi je te joue. Manu Chao

Je te sens je te joue je te mise je te perds
je te veux je m’entete je remise je reperds
je te joue…
Je te sens je te joue je te mise je te perds
je te veux je m’entete je remise je reperds
je rejoue…

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión