MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
Construción dun metro, dun metro cadrado e dun decímetro cadrado.
Para entender o que é un metro cadarado, o alumnado construiu un metro, un metro cadrado e un decímetro cadrado.
En grupos de 3, un grupo construiu o metro e outro o metro cadrado no chan; o grupo restante construiu un metro cadrado nun papel. Finalmente, todos construiron un decímetro cadrado para comprobar que nos fan falta 100 para encher un metro cadrado.
Mosaicos
Traballando as simetrías e Al- Ándalus o alumnado fixo uns mosaicos para traballar estos dous temas.
Matemáticas Manipulativas
No terceiro trimestre o alumnado de 5ºB mergullouse de fondo na xeometría a través das matemáticas manipulativas mediante a creación de poliedros realizados tanto con papel como con escarvadentes e plastilina.
experiencia foi todo un éxito xa que de resultado obtivemos poliedros moi diversos e orixinais, algúns e algunhas chegaron ata a construír figuras unindo diversos poliedros. Deste xeito desenvolvemos a Competencia Matemática así como a Competencia Artística e Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito emprendedor, pois os discentes eran quenes pensaban primeiro as figuras, e logo construían, sendo cada vez máis conscientes da presenza dos mesmos na súas vidas cotiás.
.
Dominó de polígonos
Repasamos os polígonos xogando ao dominó.
Cociñamos
Como tarefa integrada do tema das unidades de medida, masa e capacidade cociñamos na clase; biscoito de iogurt e biscoito de chocolate. Velaquí unha mostra apetitosa.
Intestino delgado
Enviado por mariasila.vazquez o Sáb, 19/05/2018 - 17:08Aproveitando o traballo coas unidades de masa, volume e capacidade o alumnado calculou aproximadamente canto medía o seu intestino delgado.
Como o fixeron? Pois averiguaron que se multiplicaban a súa altura por 4,5 obtiñan a lonxitude aproximada do seu intestino delgado. Finalmente, no patio coa axuda de regras e cintas métricas cada un debuxou cun xiz a lonxitude do seu intestino.
FACENDO SUMAS
Dende as Matemáticas Manipulativas e cos dados numéricos o alumnado de 1ºA fixo sumas.