Ecosistemas

Descubrindo ecosistemas

O alumnado de 5ºB de Primaria afondouse no coñecemento dos ecosistemas terrestres e acuáticos durante o terceiro trimestre. Tras coñecer os diversos tipos, os discentes organizados de forma grupal escolleron un ecosistema e indagaron en distintas fontes para posteriormente informar ao resto do alumnado das especies que nel se atopan, as relacións entre os individuos así como as súas formas de alimentación, elaborando como axuda unha presentación en cartolina.

Durante a realización desta actividade, o alumnado desenvolveu a Competencia Científica a través do coñecemento de diversos seres vivos, o seu hábitat, as especies en perigo de extinción así como a importancia de respetar o medio e non interferir e danar os ecosistemas. Asimesmo os discentes desenvolveron a Competencia de Aprender a Aprender, pois eran eles/as mesmos/as quenes debían contrastar diferentes fontes informativas (enciclopedias, documentais de seres vivos, búsqueda na rede...) e ser quen de seleccionar as máis relevantes. Por outra banda a Competencia Lingüística xogou un papel imprescindible como motor transmisor da información, mediante a expresión escrita (na elaboración da presentación da actividade) e a expresión oral a través da comunicación do coñecemento adquirido aos seus compañeiros/as.

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión