CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Actividades Complementarias

Emisión en directo 12 de maio de 2022

Emitimos en directo!   O xoves 12 de maio inauguramos  a nosa megafonía exterior, e aproveitando a semana cultural falamos do  Camiño de Santiago a toda a comunidade.

A emisión non foi moi ben. Tivemos problemas técnicos diversos, e o resultado final está aqui reflexado. Pero están colgados todos os podcasts dos difentes grupos ,e podedes escoitar con calidade. 

Prometemos mellorar técnicamente na próxima edición, que será pronto!

 

 

IV XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Marabilloso retorno a normalidade coas nosas xornadas de Educación Vial. No ano 2020 foi a última actividade que fixemos antes de ser confinados. No ano 2021, por precaución e protocolo, non se organizou, pero neste curso a ANPA Mosteiro volveu a organizar esta fantástica actividade en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, Policía Local de Tomiño, Protección Civil e Garda Civil.

Cada curso recibiu unha charla de Educación Vial, e despois puxeron en práctica o aprendido no circuíto montado no patio. O luns 1º e 2º curso, o martes 3º e 4º curso, o mércores 5º e o xoves 6º.

Estas xornadas, ademais de para fomentar a educación vial, tamén fomentan o uso da bicicleta. Cada nena e neno trae nese día a súa bici ao colexio, creando un colorido e motivador ambiente no Caselles, con momentos de nervios e excitación.

Como cada ano, 5º e 6º curso, tiveron a opción de percorrer o circuíto montados en karts facilitados pola propia DGT, outra actividade para engadir emoción ao evento.

Ademais das charlas e o circuíto, nenos e nenas tiveron a ocasión de ver ben de preto os coches, camións e motos e equipamentos oficiais das forzas de seguridade.

Agradecer a ANPA Mosteiro a organización da actividade e a DGT, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil a súa colaboración.

Podedes ver tódala fotos e buscar as vosas fillas e fillos premendo na imaxe.

Xornadas de Educación Vial

A partir do luns 28 de marzo comezaremos unha nova edición das xornadas de Educación Vial no noso centro. Nestas xornadas visitaranos persoal da DGT, así como da policía local e protección civil para concienciar ao noso alumnado sobre a educación vial, incluíndo un circuito no que o noso alumnado poderá poñer en práctica as boas maneiras circulando por vías púbicas como peatón, ou conducindo algún vehículo.

O alumnado traerá as súas bicicletas para desenvolverse por este circuito no momento que lle corresponda.

 

ENTROIDO 2022

Despois do parón do coronavirus, o Entroido volveu ao Caselles, con moita forza e ilusión. Este ano, baixo o lema "Tomiño no camiño" enchemos o Seixo de homenaxe ao Camiño de Santiago: Os peregríns do século XII de 1º e 2º curso, os zombies-peregríns de 3º, as Marías de 4º, os peregrinos modernos de 5º e os mollóns do camiño de 6º.

Xa botábamos de menos un pouquiño de normalidade, e os nenos e nenas pasárono en grande. As beirarrúas estaban cheas de espectadores e expectación. Un gran día!

Agradecer as tres nais da ANPA Mosteiro o seu tempo, pois mentres nós desfilábamos elas preparaban un delicioso chocolate con churros. Moitas Grazas!!

Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

O MECO MANDA...

Para mañá xoves, o Meco manda...

 

"Para rematar de camiñar,

o disfraz que che pete podes levar"

 

O MECO MANDA...

Para mañá martes, o Meco manda...

“Se queres ser un peregrino molón

trae un calcetín de cada cor.”

O MECO MANDA...

O vindeiro luns comezamos coa celebración do entroido no Caselles. Non esquezas facer caso ao Meco, que xa apareceu polo noso cole coa súa primeira orde:

"Cando o entroido comeza

non esquezas levar algo na cabeza"

 

Día da Paz 2022

Ao ritmo de "Apertas que voan" de Paco Nogueiras celebramos hoxe o día da paz. Nenas e nenos de tódolos cursos, saíron ao patio para formar ben grande a palabra paz. Unha verba que sempre debería estar nos nosos beizos e na nosa mente. PAZ

Preme na foto para ver máis imaxes do evento

UN NADAL DIFERENTE

 

Outro ano máis o Nadal non se puido celebrar con normalidade, outro ano máis en que suspendemos o noso festival, pero aínda así o espírito do Nadal inundou o Caselles. 

A nosa súper ANPA Mosteiro conseguiu convencer a Papá Noel que viñera a mimar un pouco aos nenos e nenas do Pedro Caselles, e ademais trouxo un agasallo para cada un. Fíxonos moita ilusión e recibímolo cos brazos abertos. Premede na imaxe para ver tódalas fotos.

Ao longo da mañá cada curso fixo fronte e resolveu un reto pensado polos seus compañeiros, podedes velo AQUÍ

E coa axuda das familias decoramos o centro con cunchas de vieira moi navideñas, premede na foto para velas todas.

 

 

SAMAÍN-HALLOWEEN 2021

Xa ven sendo habitual celebrar o Samaín no Caselles o último día de outubro. Murais que meten medo, historias terroríficas, e un colexio cheo de bruxas e bruxos, morcegos e morcegas, vampiros e vampiras, zombis...cousas que nin podedes imaxinar.

Tampouco faltou a exposición de cabazas coa que colaboraron as familias, e vaia se colaboraron!, tivemos que poñer unha mesa extra.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Distribuir contido