CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

Blog de Turonia 2012

A actividade de Turonia se merece un espazo diferenciado nas nosas webs. Pincha na imaxe e poderás acceder ao blog propio deste curso

Visita Parque A Canuda

O 24 de maio os cursos do segundo ciclo estiveron en Salvaterra, no parque de A Canuda.  Pasaron un día fantástico nese lugar á beira do río Miño.

O ANTIGO ENTROIDO DE TOMIÑO

Pequena dramatización feita polos nenos e nenas de 2º para mostarnos como era antes o "Entruido" en Tomiño

Paz 2012

O 30 de xaneiro fixemos un acto no patio do colexio para conmemorar o día da paz.

Paz 2012 from Ceppedro Caselles on Vimeo.

 

NADAL

OUTONO NO CASELLES

Turonia 2011. O video

Xa temos o video oficial da edición 2011 de Turonia.   Que o disfrutedes!

 

Tamén dende o colexio de Tebra fixeron un video do Turonia de 6º. Podedes disfrutalo no seguinte enlace:

Turonia 2011. CEIP de Tebra

Os pequeturonias

Os demáis alumnos do colexio tamén fixeron as súas Turonias.

O mércores dia 8 saíron os do segundo ciclo,  que rodearon o monte de Barro e volveron ao colexio polo Rexidouro, o xoves 9 o primeiro ciclo viaxou por Vilachán, para visitar a casa dos Pérez Bouzada, e o venres 10, os de quinto foron ata Vilameán, para ver funcionar os muiños do Porto;  estes últimos andiveron un total de 12 quilómetros... E máis que lles botaran!

 

 

Fotos do primeiro ciclo:

Esta é a saída do segundo ciclo

 

Esta é a saída de 5º

Turonia de 6º: dous días de aventura por Tomiño

Os días 2 e 3 de xuño realizamos a edición de Turonia 2011 cos alumnos de 6º.  Nesta ocasión compartimos a experiencia cos alumnos de Sobrada, Barrantes, e Tebra, colexio que se estreaba nesta experiencia.

Nesta ocasión atravesamos Tomiño dende Pinzás ata Goián, visitando sitios tan fermosos como o río Cereixo, os muíños do Porto, o val de Barrantes-Rexidouro,  as terras de Vilachán,Estás e Figueiró, e naturalmente, o río Miño en Goián. Incluso tivemos mascota da aventura:  Thor, o can de rescate da agrupación de Protección Civil, que disfrutou tanto como o que máis.

Foi unha experiencia inesquecible para os que o ano que ven estarán xa no instituto. Seguro que máis dunha vez comentarán os detalles da aventura.

Pero nós xa estamos pensando na próxima edición. Esta Turonia non remata nunca. Xa van 11 edicións, e temos corda para tempo.

 

 

Aquí podes ver algunhas fotos:

 

As contadas de Celso

O mércores 11 de Maio, coincidindo coa inauguración da nosa Semana Cultural, estivo no  cole Celso de Lalín, para deleitarnos coas súas contadas. Contounos historias do home do saco, da TV, o rapaz "bobo",... e fíxonos cantar divertidas

cancións.

Distribuir contido