CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Complementarias

CHEGA O NADAL

 

 

 

 

 

 

Xa temos as imaxes do festival de Nadal 2013.

 

 

 

 

 

 

 Este ano, moi lucida a decoración grazas a colaboración de nais e pais, que se esmeraron e sacaron tódalas súas dotes artísticas.

MAGOSTO E FESTA DO OUTONO 2013

   E xa remataron as festas do outono.

   Primeiro foi o cross: quentaron, estiraron e correron coma verdadeiros profesionais.

   Despois dun pequeno recreo participaron nos xogos populares onde os nenos e nenas de sexto fixeron de monitores.

   Mentras se xogaba algunhas nenas e nenos, tamén de sexto, axudadas por tres profesoras, prepararon as fogueiras e asaron as castañas. A iso da unha comeron as castañas asadas e aínda tiveron tempo de xogar un pouco máis.

 

   Pouco a pouco iremos metendo tódalas fotos e videos da xornada.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2013

 

Vídeo no que resumimos en poucos minutos un festival maratoniano.

Se queredes ver con máis detalle as actuacións premede na que vos interese


 3º    6º Sorpresa final 
   Despedida de 6º

 

FOTOS

 

TURONIA 2013

Para ver toda a información, fotos e videos do Turonia preme na imaxe.


 

ENTROIDO 2013

 

Volveron os vellos tempos a Tomiño, volve o "Entruido" trapalleiro e as súas entruidadas.

 

 

Estivemos recordando vellos tempos no Caselles, alguns nenos recoñecéronse sendo moito máis novos, outros buscaron e atoparon irmáns, pais, nais... Buscade vos tamén...

 

ENTROIDO 2013

           O  día 8 de febreiro celebraremos o Entroido no CEP Pedro Caselles. Este ano será un pouco especial, pois vamos intentar recuperar o antigo “Entruido” de Tomiño.

 

            Cada día a “Meca” dará unha orde que os nenos deben cumprir, comezará coa primeira orde o venres 1 e rematará o xoves 7. A intención e que os nenos e nenas vaian construíndo o seu traxe coas cousas que vaian traendo seguindo as ordes da ”Meca”. 

            O luns 4, ademais do que ordee, deben traer unha bolsa para ir gardando a roupa. Cada un debe intentar construír o disfrace máis trapalleiro e gracioso que se poida. Polo tanto, debemos ter en conta: 

          Cada parte do disfrace vai quedando no colexio, polo tanto deben traer a roupa normal por debaixo. 

          Non se debería mercar nada, trátase de crear un disfrace vistoso, trapalleiro e gracioso usando roupas vellas. 

          O venres vestiranse con esas prendas por enriba da roupa normal. Non deben vir disfrazados da casa. Durante a mañán faremos o desfile ata a praza do Seixo.

Tamén celebraremos durante este día o  certame gastronómico. Aqueles nenos ou nenas que o desexen poden traer un postre que degustaremos a volta do desfile. 

Esta é a orde da "Meca" para o luns: 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NADAL

 

Festival de Nadal 2012

 

Se queredes ver as actuacións completas pinchade nos cadros:

Sorpresas

 

 

Poñemos bonito o cole para Nadal


Murais de Nadal - foto montaje

MAGOSTO 2012

Xa celebramos o Magosto. O día deu para moito, fixemos un cross, platamos landras e castañas, divertímonos cos xogos populares e asamos e comemos castañas... e todo iso nun so día!!!

Blog de Turonia 2012

A actividade de Turonia se merece un espazo diferenciado nas nosas webs. Pincha na imaxe e poderás acceder ao blog propio deste curso

Distribuir contido