CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

2º Curso

Traballando "baixo terra"

 

 Xa comezou no cole o proxecto "Baixo terra" co que imos aprender moitísimas cousas. O outro día saímos ao patio a ver como traballaban os nenos e nena de 6º desenterrando un castro. Logo, na clase, e tras ler un libro moi bonito sobre cultura castreza, fixemos dous grupos e cada un fixo un mural no que debuxamos as cousas que estamos aprendendo. Como sempre imos deixar unas fotiños para que vexades que aínda que traballamos moito tamén nolo pasamos moi ben!

 

 

 

 

 

 

La gallina Churra

 

O mércores 20 de maio os nenos e nenas do 1º ciclo fixemos unha excursión ao teatro Caixanova de Vigo a ver unha obra de teatro titulada "La gallina Churra". Pasámolo moi, moi ben xa que nos gustou moito a historia e ademais rímonos un montón. A profe Ana quere destacar que os seus nenos e nenas portáronse moi pero que moi ben e deixáronna contentísima. Aquí quedan unhas fotiños, esperamos que vos gusten. Bicos!

 

Iria, Suria y Marta

 

Jared

 

Tod@s

 

Con la profe

 

En el teatro

Imos de excursión ao teatro

 

O pasado 12 de Marzo os nenos e nenas do 1º ciclo viaxamos de excursión a Vigo para ver unha obra de teatro. Fixemos o percorrido en autobús e o disfrutamos moito xa que nos paramos de cantar. Ao chegar aproveitamos a merendar nuns xardíns e logo nos puxemos de camiño ao teatro Caixanova onde disfrutamos da obra "Lío en la granja". Non paramos de rir durante a obra ademais de aprender moitas cousas. Deíxovos unhas fotiños para que vexades como disfrutamos. Un saúdo e ata pronto!

Con moitos nervios chegou...o festival do Nadal

 

Hola a todos e todas!

Seguro que todos recordades o día 19 de Decembro! Sí, sí, o último día de colexio, ese no que comezaron as vacacións e o gran día do festival do Nadal. Por que gran día? Porque nós, os nenos e nenas de 2ºB, levábamos moito tempo preparando a nosa obra de teatro: memorizando os diálogos, as cancións, facendo os adornos necesarios, buscando a roupa axeitada...e cando chegou o día...non nolo podíamos crer! Estabamos moi nerviosos, xa que os nosos, pais, nais e compañeiros ían ver todo o que nos esforzamos durante tanto tempo...e o fíxemos ben, máis que ben, xenial, a que sí? Esperamos que vos gustara moito pero sobre todo que disfrutarades tanto coma nós o fixemos enriba do escenario. Por se algún non se acorda imos deixar unhas fotiños. 

Gracias por todo amigos e ata a próxima!

 

Preparando o teatro

 

Os alumnos de 2º B xa levamos unha semana preparando a nosa obra para a festa do Nadal, titúlase "O lobo que quería comerse a Papá Noel" e nela participamos todos os nenos e nenas con moita ilusión. Estamos traballando moi duro cada día para aprendernos o noso papel e preparar os adornos para o escenario. Todo iso esperando que vos guste e que o pasedes moi ben.

Un saúdo e moitas apertas!

Distribuir contido