CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Do 19 ao 22 de febreiro temos a oportunidade de desfrutar dunhas xornadas de educación vial, promovida pola DXT; e en colaboración co Concello, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil. Con isto preténdese concienciar ao alumnado no uso das bicicletas polas vías públicas, na correcta circulación e o cumprimento das normas que a rexen. Os nenos/as vivirán esta experiencia, como ciciclistas e peóns. Todo isto sen esquecer da importancia dos sinais e das normas de circulación e de seguridade. 

Por útlimo, dicir que isto tampouco foi posible sen a mediación da nosa Anpa Mosteiro.

Se pinchades na imaxe poderedes ver fotos destas xornadas.