CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Taboleiro de Secretaría

Recordar que o venres 21/6 remata o prazo para presentar a solicitude de libros e material

Becas para alumnado NEAE 24/25

Solicitude comedor 24-25

Libros de texto e material 24-25

Festival Fin de Curso

 

Horario de secretaria de 10:00 a 12:00

Tutorial AbalarMóbil para Familias

Semana dos programas de radio diarios. Do 10 ao 14 de xuño.

(pincha no enlace UNCAS RADIO TV)

 

Festival fin de curso 2024

RADIO UNCAS

Ao longo de 7 días puidestes gozar dos diferentes programas que prepararon e gravaron os nenos e nenas de 3º ao longo deste terceiro trimestre.

Cada día os nosos presentadores e presentadoras dan paso á sección que toca. Nelas atoparedes cousas tan interesantes como o que podemos atopar no noso patio, a nosa biblioteca, algunhas das actividades que realizamos ao longo do curso, entrevistas... e ata peticións!

Como todo bo programa de radio conta coa súa sección de publicidade, neste caso patrocinada por Flocos Tolos e gravada polos propios integrantes de dita cooperativa. Moitas grazas nenos e nenas de 5º!

Por último, atoparedes unha predición do tempo a cargo do equipo de meteorólogos... que estiveron bastante acertados! Sen esquecer os agradecementos finais.

Que dis? Que aínda non o escoitaches? Pois corre a RADIO UNCAS!

Bo verán!

Os nenos e nenas de 3º

   

   

  

 

                                        

SAÍDA FIN DE CURSO: SURF EN PATOS

    Despois de unha semana de pánicoChora, de malas previsiónsAnoxado, de intentar cambiala(foi imposible, e menos mal...), de pedir a colexios e concello un acubillo por se a chuvia prevista era moita(todos estaban ocupados, seicaIndeciso,...), de abrir o día chovendo a mares;  finalmente pertrechados con seis carpas e os dedos cruzados saímos cara a Nigrán para facer a nosa saída de fin de curso.

   Pois chegamos a Nigrán con un sol espléndido que nos acompañou nesta longa xornada. Nenas e nenos recibiron unha longa clase de surf, da que desfrutaron ata os máis reticentes, fixeron andainas, e, sobre todo, xogaron e xogaron sen parar, na area e na auga. En fin, un día redondo!!!Risa

Se queredes ver imaxes da xornada, premede na foto.

Solicitude de comedor 24 - 25

Solicitude de Usuario ó Comedor

Curso 2024/25

Estimadas familias:

 

Xa sairon as instruccións para solicitar unha praza no comedor escolar no curso 2024/25 para o/a voso/a fillo/a.

  • Documentación: Anexo II do modelo de autodeclaración. (Modelo que se adxunta)

  • PRAZO: Dende o 17 de xuño ata 27 de xuño. Sempre antes do 1/9/24.

 

Aclaracións:

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2023:

  1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

  2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

 

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita, será o definido na normativa do IRPF.

En base ao disposto no artigo 16 de decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.

  • No caso de matrimonio: a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber: fillos ata 18 anos ou fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente.

  • En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal. A unidade familiar está integrada polo pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai.

Polo tanto: Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

  • Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

  • O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade nese período impositivo. Tampouco formarán parte da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo.

  • Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados. O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida. Polo tanto, o proxenitor que na súa declaración da renda sinale ao alumno/a usuario de comedor como declarante ou responsable do mesmo a efectos de cálculo da renda per cápita.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

  1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

  2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicados, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes dos recadros correspondentes a cotizacións seguridade social, retencións procedentes do traballo e retencións procedentes do capital mobiliario, tal como se recolle no artigo 16.2 terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto.

  3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxes ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

Usuarios Gratuítos do servizo:

Segundo o artigo 11 do Decreto 132/2013. Serán usuarios gratuítos os seguintes:

  • Alumnos/as que se atopen en situacións socioeconómicas de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

  • Alumnos/as en situación de acollemento residencial ou familiar.

  • Alumnos/as cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.

  • Alumnos/as pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

  • Alumnos/as pertencentes a unidades familiares cunha renta familiar anual neta per cápita inferior a 7.000 €

Cubrir solicitude:

Na solicitude deberedes marcar a casiña que vos corresponda segundo a contía de renda per cápita.

No caso de que teñades dúbidas de solicitar a praza de comedor, recomendamos solicitala. A solicitude non implica comer tódolos días. Pódese comer por exemplo, só os mércores se van a actividades de deporte, ou algún día que acudan a actividades extraescolares ou Deporte escolar.

Recordar que este firmada polos dous cónxuxes

Tomiño a 17 de xuño do 2024

Un saúdo

O Equipo Directivo

Emisións de radio uncas

Nesta semana do  10 ao 14 de xuño, colgaremos diariamente un programa de radio. Disfrutádeos:

 Mércores 19:  
 
Luns 17:        
 
Venres 14:     
 
Xoves 13:       
 
Mércores 12:   
 
Martes 11:      
 
Luns 10:         
 
 
 

Saída fin de curso "Surf en Patos"

SAÍDA FIN DE CURSO “ SURF EN PATOS

Este curso escolar para celebrar a despedida, realizaremos unha saída todo o centro á praia de Patos a facer Surf coa escola “Patos Surf”.

DÍA: Martes 18 de xuño.

HORARIO: sairemos do centro en horario normal e regresaremos ás 18:00h aproximadamente ao centro.

COMIDA:levaremos comida do comedor (ensalada de pasta con olivas e atún, tiras de polo con patacas chip, froita e auga) para a comida.

Deberán levar merenda para media mañán e media tarde e auga suficiente (na comida só daremos unha botella).

DESENVOLVEMENTO: chegaremos a Patos sobre as 10:45h aproximadamente e dividirémonos en 3 grandes grupos, os cales irán rotando polas seguintes actividades:

  • Surf na praia: por cada 6 nenos/as haberá un monitor/a.

  • Andaina sostible: na que faremos unha ruta camiñando, observando a flora e a fauna costeira e recollendo lixo que se atope.

  • Xogos na area: concurso de castelos, carreiras, xogos de balón….

CUSTO DA SAÍDA: 25 euros

DEBERÁN LEVAR:

  • Roupa e calzado cómodo (camiseta de Turonia).

  • Gorra de Turonia.

  • Protector solar xa aplicado e bote para repoñer durante toda a xornada.

  • Bañador para facer surf e logo poñerán alí o neopreno para entrar no mar, escarpíns ou chanclas suxeitas por detrás.

  • Toalla para secarse e logo porán a mesma roupa que traían (en caso de vir en bañador traer outra roupa secas para despois

Atentamente o Equipo Directivo

Becas e Axudas para alumnado NEAE 24/25

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educaivo (NEAE). Se vas a solicitar dita Beca avisar a Vero (orientadora) antes do 21/6/2024.

A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón

Tendes toda a información no portal de becas de educación

Que documentación traer:

- Solicitude

- informe Gabinete

- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.

- Fotocopia DNIs de todos os membros da unidade familiar

- Fotocopia da conta corrente na que conste como titular ou cotitular o neno ou nena solicitante.

É moi importante asegurarse de que consten as firmas requeridas:

- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- no apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar (TODOS TEÑEN QUE ASINAR).

Que axudas se convocan:

A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficil  de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA)

C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

D) Alumnado con Altas capacidades

Día do Libro

Celebrando o Día do Libro!

Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa.

Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias!

Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!

             

Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida.

Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.

   

Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.

                       

E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.

 

 

 

Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente.

Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA!

Xornada formación para familias

Distribuir contido