Para rematar o proxecto de Naturais das 3 R (reducir, Reutilizar e reciclar), fomos por todas as aulas do noso cole, explicando todo o que aprendemos e sobre todo dando bos consellos para reducir a cantidade de lixo e por conseguinte, protexer o medio ambiente.
Partillamos o vídeo das exposicións. Agardamos que vos guste.
Achegamos a representación teatral da obra escrita polo padriño da nosa aula, Manuel María, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA. Quermos aproveitar esta ocasión para darlle as grazas a todas as persoas que fixestes posible que a nosa actución fora un éxito.
Emma, foi a encargada de ir gravando parte da ruta que fixemos pola parroquia de Cabreira, cunha app que se chama Wikiloc. Nela pódense ir xeolocalizando os lugares de interés, facer fotos, comentarios,... Lamentamos non poder mostrar toda a ruta...Acabóusenos a batería;(
Aquí partillamos con tod@s vós as nosas magníficas, sorprendentes, tétricas, fermosas, arrepiantese/o amorosas cabazas que decoramos coa axuda das nosas familias.
Dende aquí quero agradecer a todas as persoas que adicastes parte do voso tempo en colaborar cunha actividade que para @s nen@s é unha das máis agardadas. GRAZAS FAMILIAS!!!!
A CONTINUACIÓN ÍMOSVOS MOSTRAR AS MONTAXES XEÓMETRICAS QUE FIXEMOS DURANTE O VERÁN. TIVEMOS QUE RECORTAR FIGURAS PLANAS: TRIÁNGULOS, RECTÁNGULOS E CADRADOS DE DISTINTOS TAMAÑOS E CON ELES FACER UNHA OBRA DE ARTE.
AGARDÁMOS QUE VOS GUSTEN, A NÓS ENCANTÁRONNOS TODOS OS CADROS DOS/-AS NOSO/-AS COMPAÑEIROS/-AS.