Skip to Content

CRISE DO COVID19: PECHE DO CENTRO

A dirección do CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez, tendo en conta a situación de alerta nacional, e seguindo :

  • O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
  • As indicacións das instrucións do 13 de marzo de 2020 por parte da Consellería con respecto ás medidas a adoptar en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais  contados dende o 16 de marzo de 2020. 

INFORMA:

Con respecto ao proceso de admisión:

  • Suspensión de prazos administrativos das entidades do sector público, definido na Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo. 
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

 

Con respecto á presenza de persoal docente no centro:

  • Suspéndese a actividade educativa presencial en tódolos centros e etapas, ciclos, graos, cursos e niveis de ensinanza contemplados no artígo 3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  • Durante o período de suspensión manteranse as actividades educativas a través das modalidades a distancia e «on line», sempre que resulte posible.

 

Con respecto á atención do alunado:

  • Temos publicado na nosa web as canles de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que se traballa habitualmente. Ao mesmo tempo o profesorado facilitará, na medida do posible,  propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios. 

O CENTRO EDUCATIVO, DENDE HOXE, LUNS, 16 DE MARZO DE 2020, PERMANECERÁ, POLO TANTO, PECHADO ATA NOVO AVISO

 

Medios de comunicación co centro:

 

Moitas grazas a todos/as pola vosa comprensión.

 

A Coruña, 15 de marzo de 2020

A dirección do centro



page | by Dr. Radut