Skip to Content

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CANCELACIÓN DAS CLASES

Estimadas familias

Dende o colexio temos a obriga de informarvos que o centro non ten, nestes momentos, ningún tipo de notificación oficial por parte da Consellería de Educación que nos faga pechar mañá,  venres 13 de marzo, o centro educativo.  

Entendemos as vosas inquedanzas, pero nós, como funcionarios, non temos a capacidade de facer nada que non sexa ordenado pola Consellería.  

Calquera nova que poida acontecer, procederemos a comunicala coa maior brevidade posible.

Moitas grazas pola súa comprensión.

A Coruña, a 12 de marzo de 2020

A dirección



page | by Dr. Radut