Skip to Content

TRABALLOS DO EQUIPO DE NATUREZA NO 2º TRIMESTRE

10/04/2019

Neste segundo trimestre, ademáis do coidado das plantas da horta, das da xaula da entrada ao centro e as do interior do colexio, os equipos de colaboradores da natureza propuxeron varias actividades que tiveron bastante seguimento entre o alumnado e que foron as seguintes:

1º- Observación, fotografiado e traballos de investigación sobre os niños dos paxaros que se atopan na cidade.

O panel da natureza situado na planta baixa do centro, no corredor situado entre a biblioteca e o comedor, encheuse de fotos de niños aportadas polos alumnos de todos os niveis.

Tamén trouxeron algúns niños caídos para o seu estudio, que foron pasando polas aulas.

E algúns alumnos compartiron e expuxeron no panel traballos de investigación moi interesantes sobre o tema.

 

2º- As árbores que nos gustan.

En relación co tema do coidado das árbores e da súa importancia nas nosas vidas, e conectando coa celebración do día   da árbore (21 de marzo) se recolleron (e aínda se están a recoller) fotos de árbores que pola súa beleza, antigüidade, rareza...son os nosos favoritos.

Tamén deste tema o alumnado está compartindo no panel da natureza moitos traballos entorno ao tema das árbores e plantas en xeral.

 

Moitas gracias as familias pola parte que vos toca nestes traballos e fotografías.

Álbum: Horto escolar -> Horto Escolar 2º trimestre


album | by Dr. Radut