Skip to Content

Música e evolución

Os días 25, 27, 30 de novembro e 4 de decembro tivemos o pracer de recibir a visita no noso colexio de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, uns magníficos músicos que tocan moitos instrumentos e coñecen perfectamente a música popular galega.

Déronnos un concerto didáctico titulado “A música e evolución”. Fixéronnos comprender que a música está en nós xa dende o ventre materno cando escoitamos os distintos ritmos que alí se xeneran e a voz da nosa nai, seguindo por como facían instrumentos os nenos/as con elementos da natureza ata chegar, de adultos/as, a construir instrumentos máis complexos.

A través desa evolución tocaron 43 instrumentos musicais diferentes (dende xoguetes musicais e obxectos sonoros ata varios tipos de gaitas).

Co motivo do 25  de novembro (Día contra a violencia de xénero) e con respecto á igualdade entre sexos, falaron de algo tan importante como é o dimorfismo sexual e a selección sexual.

Reflectimos a continuación un resumo das opinións do alumnado asistente de 5º e 6º de EP sobre o Concerto Didáctico: “Música e evolución”:

En xeral, gustounos moito, pareceunos moi interesante e divertido e impresionounos que fosen os nenos/as os contructores/as dos instrumentos con ósos ou pedras e os que os tocaban tamén.

Valoramos que nos ensinasen a decatarnos de que todo o que temos arredor é música e pareceunos alucinante como collen cousas que todos vemos no día a día e o convirten nun instrumento.

Tamén nos pareceu interesante aprender por que aos bebés lles relaxa a voz da súa nai e os efectos que provoca a música no noso corpo.

O noso instrumento favorito foi o “de madeira que dá voltas e produce o son forte do vento”, a zoadeira, e parecenos impactante facer música cunha folla. Tamén nos gustaron as gaitas, sobre todo a portuguesa, e o pandeiro xigante que tiña campás.

Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi aprender para que servía a música, que é para poder traballar e estar con otras persoas en total harmonía.

Unha petición que facemos: que nos explicaran detalladamente como se facían eses instrumentos.

 

MOITAS GRAZAS E VOLVEDE TÓDOLOS ANOS!!

 

Pablo carpinteiro e Rosa Sánchez



page | by Dr. Radut