Skip to Content

NORABOA aos sete acertantes da muller de novembro!!

A muller do mes de novembro é THERESA KACHINDAMOTO, gobernadora ou xefa suprema (Inkosi) de Dedza, distrito de Malawi dende o ano 2003) e ten alcanzado recoñecemento internacional ó combater un dos maiores problemas sociais de África: os matrimonios infantís.

Un día, de casualidade, atopouse cunha nena de 14 anos e un bebé en brazos que non paraba de chorar, achegouse a ela e díxolle que levase ó bebe coa súa nai. Ela explicoulle, entón, que era ela a nai do pequeno, e o pai tiña tamén 14 anos. Esa realidade, moi común no seu país, fíxolle aceptar o cargo para poder loitar contra o matrimonio infantil. Nese contexto, Kachindamoto xurdiu como unha esperanza feminista velando polos dereitos de aquelas nenas forzadas a contraer matrimonio.

vida

O cargo político de Kachindamoto equivale a ser alcaldesa e dende aí  logrou poñer en marcha cambios que a converteron nunha aliada vital na loita polos dereitos das mulleres e das nenas; ordenou a 50 dos seus subxefes a asinar un acordo para poñer fin ao matrimonio infantil no distrito de Dedza, enviou ás nenas á escola – ás veces pagando os colexios de cada unha cos seus propios fondos-, e ademais pediu ao parlamento que aumente a idade mínima para contraer matrimonio ós 21 anos.

“Despois de localizar o problema nunha viaxe polos pobos do meu distrito, puxen a 300 persoas traballando para que foran os meus ollos alí”, sinala. Dese xeito, cando estes ‘espías’ dan a voz de alarma, esta acode para falar cos pais e mostrarlles os riscos que supón esa decisión. “As nenas queren ir á escola, pero por si soas non poden facer nada porque son forzadas”

Aínda que moitos a critican e ten ameazas, ela non deixou de loitar, o que lle valeu para ter un recoñecemento internacional.

Entre algúns dos premios está o Premio Navarra á Solidariedade en novembro de 2018.

debuxos

“Educa a unha rapaza e educas a toda a área … Educas ao mundo”.



page | by Dr. Radut