Skip to Content

A nosa horta escolar

Horta escolar

A nosa horta escolar está en proceso de remodelación.

Tras pasar os meses de confinamento medrando libre, atopámonos ao regreso  cunha pequena selva. Pero no medio desta frondosa mestura de plantas descubrimos algunhas sorpresas que seguramente non chegaríamos a ver se tivéramos ocasión de recoller no seu tempo os cultivos sementados.

Compartimos aquí as imaxes do que puidemos ver nas clases para sorpresa de todos: as flores das cenorias!!! Foron moitas as sementes que caeron fora dos  bancais, así que a cosecha continúa medrando polo xardín.

Sacamos tamén fotos das flores dos porros que plantamos no curso pasado, e algunhas máis dos pequenos tomates que ainda seguirían medrando se non chegara o frío do outono. Apareceron un par de pementos coas súas flores, así coma as dos repolos e brócoli.

Tras limpar o primeiro bancal quedaron tamén ao descuberto os amorodos que foron recollidos por algúns alumnos de Educación Infantil.

Pouco a pouco retomaremos a activadade da horta, que sempre nos axuda a descubrir e aprender cousas da  marabillosa natureza que nos rodea.

 

 

 



page | by Dr. Radut