Skip to Content

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

CELEBREMOS A BIODIVERSIDADE

 

dia medioambiente20

 

 

Dende o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, e especialmente, dende o Equipo da Natureza, queremos compartir con todos esta celebración tan importante.

A nosa intención era facer unha plantación de árbores brotadas nas aulas ou nas vosas casas, pero aínda non é posible, así que deixaremos ese obxectivo á espera para o vindeiro curso.

Animámosvos a seguir coidando con moito agarimo as árbores que prenderon xa, e a mantelas vivas ata o momento do seu traslado a un lugar axeitado para elas cando nos volvamos a ver.

 

 plantacion árbores

 

Pero non nos imos quedar sen celebración, así que aquí van as nosas propostas para gozar deste día.

 

 

Os seguintes enlaces conéctannos con THE OCEAN AGENCY que nos permite ver os fondos mariños nos arrecifes de coral en Australia e como lles está afectando o cambio climático.

Conecta a través de Google Earth, permite desplazarse polas imaxes e visitar diferentes lugares do mundo en perigo, coma se estivéramos mergullando.

Anímate a entrar neles!

Recursos de educación oceánica dispoñibles gratuitamente.

fondo marino

"A morte máis bela", unha investigación submariña sobre o blanqueamento de corais no Pacífico Sur. 

corais

Xoga nunha aventura submariña!

Campaña contra o comercio ilegal de vida silvestre

Folla de especies salvaxes en perigo.

cabaliño



page | by Dr. Radut