Skip to Content

DÍA DE EUROPA 2020

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman" , para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.

Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e  Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea.

Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

 

A melodía que simboliza á UE procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á "Oda á Alegría" escrita por Schiller en 1785. Expresa a visión idealista da fraternidade entre os seres humanos, visión que Beethoven compartía.

En 1972, o Consello de Europa convirtiu o tema da "Oda á Alegría" de Beethoven no seu himno.

En 1985, foi adoptado polos dirixentes da UE como himno oficial da Unión Europea. 

O himno tócase nas cerimonias oficiais da Unión Europea e, en xeral, en tódolos acontecimientos de carácter europeo.

ESCOITADE UNS EXEMPLOS DO ALUMANDO DE 6º!! QUE ARTISTAZOS!!! GRAZAS POR PARTICIPAR!!



page | by Dr. Radut