Skip to Content

I CONCURSO “QUEN É”?

O tema común do colexio deste ano xirou arredor de "Os inventos e os seus inventores/as" centrándonos principalmente nas mulleres inventoras e traballando a igualdade de  xénero.

Por iso dende o equipo de AEC organizamos un concurso titulado: "Quen é?"

En principio íamolo adicar ás mulleres inventoras, pero varios meses tamén relacionámolo cunha data sinalada no calendario escolar. 

Aquí deixámosvos a resolución do concurso: 

  1. Novembro 2019: Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico. 

 

  2. Decembro 2019: Berta Tapia, primeira alcaldesa de A Coruña (relacionado coa celebración do Estatuto de Autonomía, 2-9 decembro

  1. Berta Tapia, primera y única regidora de A Coruña: «Los alcaldes ...

 

3.  Xaneiro 2020: Stephanie Kwolek; Inventora do Kevlar, unha fibra que se utiliza nos chalecos antibalas. (relacionado co día da Paz, 30 de xaneiro)

 

4. Febreiro 2020: Hedy Lamarr; Inventora do espectro ensanchado por salto de frecuencia que se utiliza nos XPS, Bluetooth e nas conexión WiFi. (relacionado coa celebración do Entorido: Disfrazados de inventoras e os Mestres especialistas de WIFI.)

 

 5. Marzo e abril 2020: Clara Campoamor; Impulsora do sufraxio feminino, o dereito ao voto das mulleres. (relacionado co 8 de marzo: Día da muller). 

C:\Users\Propietario\Desktop\Cultura_382473759_117580260_1024x576.jpg

 

6. Maio e xuño 2020: Margarita Cimadevila; profesora de química e presidenta da asociación Arsciencia, que coordina as exposición sobre o Medio Ambiente, en particular sobre os océanos. (relacionado coa celebración do Día das Letras galegas, 17 de maio, e o Día do Medio Ambiente, 5 de xuño.)

C:\Users\Usuario\Desktop\foto.jpg

 



page | by Dr. Radut